Situada como o Altar do Sol, no lugar de Alperiz, na
parroquia de Parada en Lalín, este megalito tamén é coñecido como Mámoa da Cruz
7.
Patrimonio galego cóntanos o seguinte:
O dolmen atópase no cruce da estrada EP- 6010 que vai dende
Carballeda en Lalín a Ventosa en Agolada, xusto no cruce de entrada ao lugar de
Alperiz. Esta mámoa forma parte un conxunto de sete, que se denominarían ” As
Mámoas da Cruz “, GA 36024017, círculos num. 1-41 no plano do pxom de Lalín,
dentro do conxunto de Mámoas de Parada, quizá porque outra que se pode atopar
pertencente a este grupo “da Cruz”, máis grande e que está a 100 metros ao
norte, no outro lado da estrada, presenta un rebaixe cúbico, duns 20 cm. de
lado nun esteo visible do dolmen, que sería o apoio da base do fuste dun
cruceiro.
A súa vez estarían incluídas dentro do conxunto das Mámoas
de Parada, outras dúas máis a 500 metros ao sueste, que se denominarían Zarra
do Canal, código GA 36024016, numeración 1-40. Os dous lugares conformarían o
Conxunto Megalítico de Alperiz.
Esta é a que está máis ao sur, dentro do grupo de sete que marca o mapa de localizacion do PXOM, xusto no cruce á beira da estrada. É unha das tres que quedan do grupo de Mámoas da Cruz, había sete orixinariamente. Presenta un túmulo duns 15 metros de diámetro, moi alterado polas labores agrícolas e de limpeza das cunetas da estrada. Non se pode apreciar o número de esteos que aínda se conservan.
Un esteo que sobresae 1,5 m. de alto por 60 cm.
de ancho dá cara á cuneta da estrada e nel podemos ver un gravado con motivos
serpentiforme que estarían na liña dos atopados no dolmen do Altar do Sol, e os
do lugar de Fonte Tourón, Goiás, Lalin atopados no ano 2005 por mor dos
traballos arqueolóxicos previos á execución dunha obra de liña eléctrica. Son
unhas lousas que presentan uns gravados de estilo propio do megalitismo e que
agora forman parte dos lindes das fincas nas que se atopan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario