Nun monte perfectamente sinalizado e cuns accesos
sorprendentemente bos, pódese visitar este exemplo de castro onde son de
salientar as impresionantes vistas.
Segundo se pode ler nun panel informativo este pequeno
castro da Primeira Idade do Ferro estivo habitado entre os séculos VIII-IV a.
C.
Situado sobre a cima dun monte de 250 metros de altura,
ubicado no estremo oeste da Serra do Barbanza, domina esta parte da serra o que
ven sendo igual a ter unha magnífica visibilidade sobre as entradas das ría de
Muros e, especialmente, de Arousa. Tamén pódese contemplar o magnífico Parque
Natural das Dunas de Corrubedo.
Conserva tres liñas de murallas defensivas mais nos lados
Leste e Norte o que defende o castro é un impresionante terraplén natural. É un
castro pequeno pois so ten dúas hectáreas que darían cobillo a unha comunidade
non superior a duascentas persoas.
As súas vivendas son de forma circular e, sorprendentemente para a súa antigüidade, cadradas. Tamén quedan os cimentos dunha casiña cadrada de vixilancia do século XVIII.
No hay comentarios:
Publicar un comentario