Nesta espectacular edificación hai outros elementos realmente salientables, tal como nos conta Turismo de Ourense:
O claustro é Gótico-Renacentista, de amplas e fermosas proporcións, dun só corpo, con arcos de medio punto, con tímpanos calados, apoiados en machones cubertos de nervaduras; é de forma cadrada e ten teito de madeira. Foi construído a primeiros do século XVI.
Nos muros interiores ten elementos do primitivo claustro románico.
No interior do claustro, atópanse uns sartegos románicos dos fundadores do primitivo mosteiro, Aldara e Gonzalo. No da Aldara figura, unha A e unha media lúa en cuarto crecente, na pedra tapadeira. No sartego de Gonzalo figura unha espada alongada, na pedra que a cobre, e dúas aves mirando á cabeceira.
Na segunda metade do século XIX e comezo do XX foi empregado como cemiterio. Ao longo do tempo pasou por destrucións, abandonos e diferentes restauracións.
No interior do templo e na esquerda, un retabulo, tamén barroco, ten no centro unha imaxe da Virxe do Carmen e por arriba dela San Agustín, copatrón da ex-colexiata. Neste retablo hai outras imaxes de valor artístico como, un San Martiño de Circuítos do século XVI; ou a Santa Mª. Magdalena atribuída a Cornelis de Holanda.
Tumba funeraria do Cabaleiro Álvaro Sotelo, (1508),
colocada baixo un arco de pedra, sobre o que está o Órgano. Sepulcro pétreo en forma de arca e cunha figura de
cabaleiro xacente; é o único que
permanece na igrexa.
O coro: de
madeira de nogueira, estilo plateresco
que foi construído entre os anos 1530 a 1540; posúe unha rica iconografía, a
base de grutescos e personaxes bíblicos,
dentro dun depurado estilo. Estaba colocado no fondo da nave central e hoxe en
día retirado á antiga Sala Capitular,
contigua á Sancristía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario