14/2/22

Igrexa de Santa María a Real (Xunqueira de Ambía, Ourense) (I)

 


Hai algún tempo, e despois de varios intentos, achegámonos a admirar esta espectacular obra. Tivemos a sorte de recibir todas as explicacións do mundo de Xosélois, persoa que desborda paixón pola arte. A salientar das súas explicación que en contra da opinión maioritaria dos especialistas, a igrexa contou con triforio e non con falso triforio coma adoita ser explicada.



O texto que poño a continuación é de Ramón Yzquierdo Perrín. Arte medieval (I). Galicia. Arte. Tomo X. A Coruña, Hércules, 1993.


HISTORIA

Esta igrexa, segundo a lenda, ten a súa orixe no achado, no século IV, dunha imaxe da Virxe nun lugar no que abundan os xuncos; entón construíuse unha ermida, que a mediados do século X deu vida a un mosteiro familiar fundado por parentes de San Rosendo. No ano 1150, o rei Afonso VII confirma a doazón deste mosteiro aos cóengos de Santo Agostiño, establecidos de pouco no Sar, para que nel impartisen a mesma observancia. O apoio real e doutros señores determinou unha florecente situación económica, que desemboco una construción dunha nova igrexa e doutros edificios.



Durante a Idade Media continuou esta situación, que os sucesivos priores se encargaron de manter e acrecentar, aínda que tamén influíron as encomendas e a vida pouco exemplar dalgúns priores e cóengos. Esta situación remediouse a comezos do século XVI por parte do prior Alonso Piña; sen embargo, o desexo de Filipe II de anexionar Xunqueira de Ambía á sé de Valladolid conseguiu, á fin, que en tempos do seu sucesor, Filipe III, o papa Paulo V asinase en 1619 a bula de anexión definitiva á sé de Valladolid.


Xunqueira pasou pouco despois a ser colexiata e os seus cóengos mantiveron o culto ata o século XIX. A desamortización do ano 1835 e o concordato de 1851 convertérona en parroquia da diocese de Ourense, que case premonitoriamente desempeñou un mercedario, xa que son membros desta orde os que a atenden. (páxinas 412-413)


EXTERIORES


A fachada principal
divídese en tres rúas pola presencia de rexos contrafortes nos puntos nos que cargan os arcos formeiros; na parte frontal elévanse columnas esveltas, que soben ata o bordo do tellado e rematan cun enfrontamento de animais, nunha delas; e cunha loba aleitando os lobetos na outra. De calquera xeito, a solución é inusual e a presencia de columnas frontais, igual ca algún dos motivos ornamentais empregados nas arquivoltas desta portada, púxose en relación coa colexiata do Sar, coa que o antigo mosteiro tivo vínculos especiais.



O contraforte dereito serve de apoio a unha torre circular pequena, que, aínda que sexa posterior, evoca torres parecidas, que se levantaron nas fachadas de Santiago, Ourense e Santa Mariña de Augasantas, entre outras.




Na parte correspondente ás naves laterais de Xunqueira de Ambía téndense arcos, entre os contrafortes centrais e os dos extremos, que albergan óculos; ábrese outro maior no segundo corpo da rúa central da portada.







No extremo norte da fachada occidental comezouse a construír unha ampla torre de planta cadrada, que non se rematou ata moito despois. Lembra a que se alza no mesmo lugar da catedral de Ourense, tamén de construción longa e complexa.



Na parte interior e central ábrese a porta principal con tripla arquivolta de medio punto; as súa aboceladas arestas lábranse en funículo, motivo que –xunto aos capiteis nos que se apoia, especialmente os de entrelazo, festón de flores do semicírculo do tímpano e chambrana de billetes arredor do marco maior, así como o tímpano liso sobre ángulos zoomórficos, entre os que un presenta unha cabeza de boi-, trae á memoria a mesma portada da citada colexiata compostelá do Sar; aínda que tampouco se poden esquecer as notables diferencias que existen entre ambas as dúas e que a de Xunqueira e máis complexa e rica, xa que emprega, por exemplo, uns fermosos fustes con estrías helicoidais, que non aparecen na igrexa compostelá. A esta riqueza contribúe poderosamente o beirado, que se estende entre os contrafortes centrais sobre a portada, no que os canzorros serven de soporte a arquiños de medio punto, decorados con motivos xeométricos de ascendencia ourensá e, igual ca aquí, as tabicas ornaméntanse con composicións florais variadas.


MURO NORTE











CABECEIRA















CRONOLOXÍA

Baixo a ventá atópase o epígrafe que pode ser transcrito como “a igrexa fundouse o 2 de xuño da era de 1202, ano 1164. Cando sexa feliz prepárate para cando as cousas sexan adversas”. Este epígrafe serve, desde logo, para datar o inicio das obras e a construción das partes máis antigas, que son a cabeceira e os muros perimetrais, incluso as portadas ou boa parte delas. Sen embargo, o apuntamento dos arcos interiores, o tratamento dos capiteis, a apertura dos óculos e rosetóns, así como a posible substitución dunha hipotética cuberta de bóvedas por teito de madeira, serían xa posteriores e os contactos con formas derivadas dos obradoiros ourensáns, así como as conexión con Augasantas, confirman este remate arredor do 1200, data que convén tamén para o magnífico tenante de altar que aquí se conserva. De momentos posteriores á Idade Media, Xunqueira garda obras importantes, entre as que destacan o fermoso claustro e o cadeirado do coro, ambos os dous do século XVI, así como o órgano, que, afortunadamente, aínda funciona. (414 -415)

Máis información en Jesús Manuel

No hay comentarios: