8/11/21

O Arco de Adriano de Atenas



O Arco de Adriano ás veces denominado Porta de Adriano, é un arco monumental similar, nalgúns aspectos, a un arco de triunfo romano. Sitúase nunha antiga estrada que une o centro da antiga Atenas ao complexo de estruturas situado á beira oriental da cidade, incluíndo o Templo de Zeus Olímpico. Expúxose a hipótese de que o arco se construíse para celebrar o adventus do emperador romano  Adriano. Descoñécese quen encargou a construción e hai dúbidas sobre as inscricións que refiren a Teseo e Adriano como fundadores de Atenas, e sobre se servía para dividir a cidade en dous partes. O arco sitúase a 325 metros da Acrópole. Foi edificado en entre os anos 131 e 132.

Material e deseño
Está construído de mármore do Monte Pentélico, situado 18,2 km ao nordés do arco. Este mármore empregouse tamén no Partenón e outras construcións atenienses, aínda que a súa calidade pode variar, por exemplo o mármore usado para o arco é de menor calidade que o utilizado en mellores edificios. O arco foi construído sen cemento ou morteiro, utilizando só mármore sólido e abrazadeiras para unir os perpiaños.

  
O arco mide de 18 metros de ancho de altura e 13,5 x e 2,3 metros de profundidade. O seu deseño é totalmente simétrico de diante a atrás e de lado a lado. A luz do arco do nivel inferior é de 6,5 metros de ancho e está sostido por  pilastras de capiteis corintios. No superior, outros alicerces similares colocáronse nas esquinas da parte baixa. O espazo entre as  pilastras exteriores e a porta en arco encheuse con pedras cadradas con bordos elaborados para destacar o deseño. Cada lado do paso central decorouse cunha columna corintia de base elevada rectangular, proxectándose do centro da parede. O nivel máis baixo foi coroado cun  arquitrabe xónico cuberto con  dentículos e un geison saínte.

O nivel superior do arco (o ático) componse dunha serie de columnas corintias e pilastras que dividen o espazo en tres aperturas rectangulares. Cada unha das aperturas laterais está coroada por un  arquitrabe xónico con dentículos e un geison igual que o nivel inferior. A apertura central, está flanqueada por antae con medias columnas corintias que sosteñen un frontón triangular, que descansa sobre dos  dentículos, geison e cima que se unen ás das dúas ás. No alto do frontón, houbo unha acrotera vexetal. A apertura central do nivel superior pechábase inicialmente por unha delgada pantalla de pedra duns 7 cm de grosor. Só as ranuras para a súa montaxe consérvanse actualmente. O deseño deste  edículo do nivel superior é similar á arquitectura da fachada do escenario dos teatros antigos e evoca  edículos de segundo estilo de pintura  pompeana.

Unha rápida comparación deste arco con outros arcos de triunfo romanos mellor conservados, mostra as diferenzas de deseño entre estruturas. O número de aperturas  arqueadas do nivel inferior dos arcos triunfais romanos era variable, así como a presenza dunha historia conmemorativa secundaria ao longo do eixo lonxitudinal da estrutura. Os arcos triunfais romanos adoitan ter un ático, un  coronamento enorme e sólido no nivel superior, a miúdo cheo de inscricións de dedicatorias e decoración escultórica. Doutra banda, os arcos de medio punto na parte superior en xeral tiñan estatuas de bronce ou de pedra, a miúdo cuadrigas ou similares. Como sinala Willers, o deseño do arco de Adriano ten un nivel superior moi sofisticado, que non permitiría a adición de ornamentos pesados, como estatuas, na parte superior do ático.

Decoración escultórica
Propúxose que había estatuas situadas á parte superior do nivel inferior, unha a cada lado do  edículo, no nivel superior, como era habitual neste tipo de arquitectura. Teseo e Adriano son os candidatos con maior posibilidades para estas dúas estatuas, a xulgar polas inscricións. Ward- Perkins propuxo a idea que a parte superior albergaba numerosas estatuas, colocadas sobre das columnas corintias que sobresaían do nivel inferior. En oposición a esta proposta, Willers di que non hai evidencia deste tipo de instalación na parte superior da planta baixa, e que a pedra está moi pouco traballada na parte superior para que se poidan poñer estatuas. A pesar de que Willers fixo un excelente estudo sobre o nivel inferior do arco, non se lle permitiu estudar tamén o nivel máis alto, de forma que as súas declaracións sobre o nivel superior baséanse en plans e as medicións anteriores publicadas con anterioridade. Unha investigación completa do monumento, quizais coa escavación limitada das fundacións como Willers suxire, falta aínda por facer.


Inscricións e localización
Hai dúas inscricións gravadas no  arquitrabe do nivel inferior centradas a cada lado da apertura central. Mirando á Acrópole, en pártea noroeste a inscrición reza:

ΑΙΔ' ΕIΣΙΝ ΑΘΗΝΑΙ ΘΗΣΕΩΣ Η ΠΡΙΝ ΠΟΛΙΣ (Esta é Atenas, a antiga cidade de  Teseo).

Na do custado sueste, mirando ao  Olimpeión lese:

ΑΙΔ' ΕIΣΙΝ ΑΔΡΙΑΝΟΥ ΚΟΥΧI ΘΗΣΕΩΣ ΠΟΛΙΣ (Esta é a cidade de  Adriano, e non de  Teseo).

Un antigo escolio nun manuscrito de Elio Aristides afirma que o emperador Adriano, ao ampliar a muralla da cidade, escribiu no límite entre a nova e as vella áreas unha dobre inscrición que coincide co sentido, pero non as palabras exactas das inscricións no arco. Sobre a base dunha lectura combinada das inscricións arco- escolio, inicialmente aceptouse que o arco estaría na muralla de Temístocles marcando a división entre a cidade vella de Teseo e a nova de  Adriano.

Segundo esta hipótese, a segunda entrada refírese a unha nova sección urbana ao leste de Atenas, fundada por Adriano e, para maior comodidade, esta área denomínase Adrianópolis en estudos posteriores. Crese que esta nova área da cidade erixiuse durante a  pax romana.

Adams propuxo que, no canto de dividir Atenas nunha antiga cidade de Teseo e unha cidade nova de Adriano (Adrianopolis), as inscricións sinalarían unha refundación de toda a cidade polo emperador. Segundo esta idea, as inscricións teríanse que ler como: Isto é Atenas, a que foi a cidade de Teseo; esta é a cidade de Adriano, e non de  Teseo.

Adams cuestionou tamén a idea de que o arco seguía a liña da muralla de Temístocles, hipótese que foi amplamente aceptada en xeral. Cando se escavou unha porta da muralla de Temístocles a uns 140 metros ao leste do arco, a cuestión resolveuse. Stuart e Revett, que realizaron o primeiro e máis completo (e único) estudo de arquitectura sobre o arco entre 1751-1753, quedaron perplexos polo feito de que o arco non está aliñado co Templo de Zeus Olímpico, a pesar do feito que está a 20 metros do muro peribolos (muro de separación) deste complexo. As escavacións feitas desde entón demostraron que o arco se aliña cunha antiga rúa que ía polo mesmo lugar que a moderna rúa de Lysikrates. O arco enfronta co Monumento de  Lisícrates, situado 207 metros ao noroeste ao longo da mesma rúa.


Conservación
No momento en que se analizou  arquitectónicamente por Stuart e Revett a mediados do século XVIII, a base do arco só estaba enterrada baixo terra preto dun metro. Tendo en conta que nunca estivo protexido soterrado nos seus case 19 séculos de existencia, o arco conservouse en condicións extraordinarias. A pesar de perder as columnas da planta baixa, o arco consérvase en toda a súa altura, e domina a actual Avenia Amalias. Nas últimas décadas, a contaminación atmosférica danou o monumento. Hai gran decooración da pedra e degradación das inscricións.


Texto: Wikipedia.

Fotos: Iniciarte.

2 comentarios:

Gabriel Quintana dijo...

Que gran recopilación enriquecida de gran arquitectura! Gracias por compartir.

lajerricaoblinger dijo...

Caesars Entertainment to acquire Las Vegas' Hard Rock Casino
Harrah's 광명 출장안마 Las Vegas is the latest 전라남도 출장샵 Caesars Entertainment 영천 출장마사지 to acquire the rights to the property. Harrah's Las Vegas 강릉 출장샵 is the newest 경상남도 출장마사지 casino and hotel