A catedral de Milán (en italiano, Duomo dei
Milano) é unha catedral gótica emprazada na cidade homónima. É a sede
episcopal da Arquidiocese de Milán.
É unha das igrexas de culto católico máis
grandes do mundo (ten 157 metros de longo e pode albergar 40.000 persoas no seu
interior) e as xanelas do coro teñen a reputación de ser as maiores que se
coñecen.
As gárgolas da
Catedral son os condutos de pedra que se utilizan para drenar a auga de choiva acumulada nas
cunetas. Maioritariamente foron realizadas ao longo do século XVIII.
A Catedral de Milán posúe cento cincuenta gárgolas, todas feitas de pedra.
As súas formas son variadas. Algunhas inspiradas no
bestiario medieval (mesmo animais imaxinarios), outras son simplemente figuras
humanas, e non faltan os monstros, que en efecto, son numerosos.
Se pasas á beira da Catedral levanta os ollos e fita minuciosamente os elementos que se
atopan entre as agullas. Os monstros das
gárgolas non pasan desapercibidos. É máis, se non logras velos trate de
pasar cando chove. As caídas de auga axudaralle a localizalos.
Fotos: Iniciarte
No hay comentarios:
Publicar un comentario