Estrutura
A estrutura alixeirada en forma de bóveda estaba
inicialmente indefinida xeometricamente, pero case desde o principio do proceso de deseño do edificio as bóvedas foron
proxectadas como unha serie de parábolas apoiadas por unha estrutura
prefabricada de costelas. Tiveron que atopar unha maneira pola cal construír de
forma económica as bóvedas de forma prefabricada, porque usar encofrado “in- situ” carrexase un custo
desmesurado.
Desde 1957 ata 1963 o equipo de deseño barallou polo menos
doce diferentes interaccións na forma das cascas (esquemas incluíndo parábolas,
costelas circulares e as elipsoides)
antes de que unha solución realizable fose terminada.
O traballo de deseño sobre as cascas implicou unha das
aplicacións máis temperás das computadoras na análise estrutural para entender
o complexo sistema de forzas que recibirían as cascas. Na metade do ano 1961 o
equipo de deseño atopou unha solución ao problema: todas as cascas son creadas
como seccións dunha esfera. Desta maneira a forma esférica foi a finalmente
usada no deseño final. A esfera ao ser a superficie curva tridimensional máis sinxela abría un gran
abanico de posibilidades no deseño así se convertía na forma xeométrica máis
simple e fácil de controlar. Nunha esfera o grao de curvatura é igual en todos os puntos da
mesma.
Coa fabricación na mesma obra a súa construción
simplificouse de sobre maneira sobre todo porque as carcasas son fragmentos dunha mesma esfera
dun radio de ao redor de 75 metros (246 pés). Ao traballar cunha esfera non só
se simplificaban a construción se non que tamén os cálculos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario