Concepto final
A pesar de moitas discusións técnicas, de investigación e de
estudos, non hai solucións técnicas detalladas dispoñibles para as paredes de
vidro no momento do despedimento de Utzon en febreiro de 1966, pero polo menos os requisitos do arquitecto
poderían ser claramente identificados da seguinte maneira:
Todas as paredes de vidro en toda a Casa da Ópera lense como
unha soa familia, cun deseño estrutural similar.
A estrutura debe ser o máis limpa posible, cun marco
reducido ao mínimo se non se pode eliminar.
Os montantes non serán soportes das cunchas, no seu lugar as
paredes de cristal veranse como colgando das cunchas.
Os montantes serán, aletas continuas delgadas a través dos
muros de cristal.
Por baixo dos teitos haberá a menor obstrución visual posible.
Os marcos de parteluz
constrúense como unha serie de unidades de sección constante, marcando coa súa
posición unha forma que varía continuamente a través do ancho das paredes de
cristal.
A cuestión de que os montantes da cristaleira non exercesen
como soportes das cunchas, senón que no seu lugar as paredes de cristal
colgasen das mesmas foi un dos puntos crave a resolver na estrutura das
fachadas. A casusa das diferentes
xeometrías entre as estruturas do teito e do podio, os montantes tiveron que dobrarse
cara a fóra, en sección vertical, logrando deste xeito un plano utilizable na
parte inferior, superior que a cuberta polas cunchas. Para que os montantes
parezan colgar das mesmas foi necesario fixalos de maneira efectiva na parte
superior e que logo caesen en vertical ata certo punto. Isto levou a unha
xeometría para as dúas paredes máis complexas, as que miran cara á baía nas
salas de Concertos e Teatro, a combinación dun cilindro e dous conos, todos cos
seus eixos situados nunha mesma liña vertical. A parte superior da parede de
cristal pertence a un cilindro, a continuación, crúzase cun cono inclinado, e
este crúzase outra vez cun cono inferior, continuando nunha sección aberta de
saída a medida que baixa.
Detalles técnicos
O edificio mide 183 metros de longo e 120 metros de ancho.
Como teito ten 2.194 seccións prefabricadas de formigón.
Algunhas seccións do teito pesan ata 15 tn.
Algunhas seccións do teito mantéñense unidas por 350km de
cable de aceiro tensando.
Hanse utilizao máis
dun millón de azulexos cerámicos nas
cubertas.
Foron necesarios 6.225
m2 de vidro para as súas fachadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario