15/4/19

The Opera House, Sidney (III)

TEMA DAS FOTOGRAFÍAS: AS CUBERTAS




Espazos
O desenvolvemento do proxecto dividiuse en tres etapas, a “etapa 1” consistiu en levantar o podio, a “etapa 2” as cunchas exteriores e a “etapa 3” o interior e as xanelas. A pesar de que Utzon argumentou que non completara os deseños para a estrutura, o goberno insistiu e a construción tivo que poñerse en marcha. Durante o seu desenvolvemento o cliente cambiou os requisitos do deseño, pasando de dous a cinco teatros, polo que os plantas e deseños tiveron que ser modificados durante a construción. Os tres edificios principais que se levantan sobre o  podium son a Sala de Concertos, o Teatro da Ópera e o restaurante.

A casa da ópera de  Sydney contén cinco teatros, cinco estudos de ensaios, dúas salas principais, catro restaurantes, seis bares e numerosas tendas de recordos.


Os cinco teatros teñen as seguintes instalacións:
O  Concert Hall ou Sala de concertos, con 2.679 asentos, contén o magnífico órgano da casa de ópera de  Sydney, o órgano mecánico máis grande do mundo cuns 10.000 tubos.

A Opera  Theatre ou Teatro de ópera, con 1.547 asentos, é o espazo principal da ópera de Australia; tamén é utilizado pola Compañía australiana de ballet.

O Drama  Theatre ou Teatro dramático, con 544 asentos.

A Sala de música, con 398 asentos.

O  Studio  Theatre, con 364 asentos.

Cada elemento do deseño, desde como estaba situado o edificio, os múltiples puntos de vista, a ampla escaleira de 100 metros de ancho, tiñan a intención de facer que os visitantes se  sientieran benvidos e relaxados. Os bosquexo de Utzon mostran como o podio foi pensado para encaixar dentro da estrutura xeral.


Materiais

A estrutura do edificio é de formigón armado. As fachadas de vidros  polarizados con  armazón de aceiro.

As cubertas do teatro cóbrense con 1.056 millóns de azulexos brancos brillantes e cremas, en acabado mate fabricados en Suecia, con todo na distancia os azulexos parecen soamente brancos. O interior do edificio está composto de granito rosado extraído de  Tarana, madeira e  contrachapado proveniente de Nova  Gales do Sur.

TEXTO: WIKIARQUITECTURA

FOTOS: INICIARTE

No hay comentarios: