5/3/18

Juan Muñoz: Unha habitación onde sempre chove (Barcelona)


Na última visita a Barcelona gocei desta obra do falecido e admirado Juan Muñoz, Unha habitación onde sempre chove. Lembrade que en Iniciarte Juan Muñoz xa estivo varias veces presente.

Orixinariamente estivo sobre a área da Praia de Sant Miquel, agora no paseo marítimo da Barceloneta,  na Plaça del Mar, sen área… Én unha obra incompleta posto que no deseño orixinal do escultor madrileño contemplaba que habería unha permanete chuvia sobre a gaiola e un sistema de aspiración para as follas caídas das árbores.

Foi realizada en 1992, co gallo das olimpiadas e co obxectivo de seren unha das esculturas contemporáneas que facilitaría o pór en valor unha zona que ata ese intre non era das máis valoradas da cidade.

Nunha gaioa de rexa, hai cinco figuras humanas  sen pes, con base esférica  e de bronce protexidas por tres grandes árbores. A pesares de estaren as cinco figuras nunha gaila non hai comunicación entre elas xa que todas miran cara lugares distintos.



Con google maps podes entrar no recinto.

No hay comentarios: