2/2/15

Noto (Siracusa, Sicilia), cidade do barroco


Como ben saberedes un los lugares do Mediterráneo do que máis gozo é de Sicilia. Pois ben, no seu extremo sur oriental atópase a cidade de Noto, na provincia de Siracusa da que a seperan uns 32 quilómetros. O seu pasado é que variado coma o de toda a illa: pre-rromano, romano, árabe, aragonés… Mais o feito que debe salienatrse é o do terremoto padecido o 11 de xaneiro de 1693 que derrubo a cidade a a súa economía.

Foi reconstruida, a unha ducia de quilómetros, seguindo os deseños de Giovanni Battista landolina e que coa axuda de arquitectos como Rosario Gagliardi ou Francesco Sortino fixeron desta nova urbe unha obra mestra do barroco italiano. As novas edificacións caracterizáronse polo emprego dunha pedra de toba moi suave que o sol encárgase de tamizar.

Na época da independencia italiaza, a cidade revelouse contra os Borbóns, deixando as súas portas abertas a Garibaldi.

A cidade forma parte, desde o 2002, dos lugares que recibiron a distinción de “Patrimonio da Humanidade” da Unesco.


Do desastre xurdiu a oportunidade de construír unha nova Noto na pendente dun outeiro; un lugar deseñado, segundo o gusto barroco da época, con rúas paralelas intercaladas entre prazas que se suscitaron como grandes escenarios, con escalinatas, terrazas e desniveles; creando un espazo de harmonía entre igrexas, palacios, conventos e casonas de pedra.

Os arquitectos deseñaron a cidade ordenada por estados sociais ao longo dun eixe principal e tres prazas que alternan conventos, palacios, igrexas e monasterios; unha parte dedicouse ao poder relixioso, outra aos nobres e a última ao pobo, agrupado nos chamados quartieri popolari.

A rúa principal de Noto, o corso Vittorio Emanuele III ao que se chega nada máis cruzar a Porta Real (ao estilo dos arcos do triunfo romanos, e construída para conmemorar a visita de Fernando II en 1838), representa o epicentro do poder eclesiástico coa catedral de S. Nicolò e as igrexas de S. Franceso, S. Chiara, S. Carlo Borromeo e S. Domenico e os seus respectivos conventos.

En paralelo e subindo o desnivel do outeiro, a vía Cavour e as súas rúas perpendiculares eran o fogar onde a nobreza construír palacios tan espectaculares como os de Nicolaci dei Villadorata, Astuto e Impellizzeri. Máis aló, os artesanos e os menos podentes vivían nos barrios de Agliastrello, Mannarazza e Pianalto.

A exhuberancia da formulación barroco que se implementou sobre Noto, plasmouse sobre todo nas prazas, creadas coma se fosen grandes escenarios para representar a vida diaria: a Praza 16 de maio vira contorna á escultura de Hércules -do pouco que se salvou do terremoto-, o Teatro Vittorio Emanuele III e o convento de S. Domenico; e a Praza do Municipio co Concello -situado no Palazzo Duzecio, en honor ao rei que defendeu Noto dos gregos no século V a.C.- e a catedral, formando o chamado “area maioris ecclesiae”. Un pouco máis adiante a igrexa de San Carlo, obra de Gagliardi 1n 1730, e desde cuxa torre as vistas de Noto ben merecen subir unhas escaleiras.


A historia da Cattedrale de Noto, é a suma de continuos desastres -naturais e humanos- que causaron a súa ruína en tres ocasiones (1760, 1848 e 1996). Nos anos 50, o teito de madeira foi substituído por un forxado de hormigón que medía 48 cm. de espesor; loxicamente, ao aplicar tanto peso sobre os arcos que sostiñan a bóveda (moi debilitada por outros seísmos e pola mala calidade dos materiais empregados nas dúas reconstrucións anteriores), o colapso foi inevitable e a cúpula derrubouse o 13 de marzo de 1996 arrastrando parte das capelas laterales e da nave central.


Información procedente da Wikipedia e La Sicilia. Fotos de Blanca para INICIARTE.

2 comentarios:

Gonzalo Durán dijo...

Magníficas fotos para ilustrar esta entrada. Dan ganas de ir, ¡pero ya!

Marisa Castiñeira dijo...

Teño que ir, pola Arte e pola Xeoloxía. Incluso un "terremotiño" estaría ben:) Non tan grande como o que destruíu Noto, claro. Non sabía dela pero é como Lisboa unha cidade que renace moderna por mor dun terremoto
Preciosa entrada. Así da gusto aprender.