24/2/14

Caravaggio en "El pintor maldito": capela Conterelli

Continuando con esta novela de Peter Harris, mirade como describe a presenza da protagonista, Sarah, na capela Contarelli, igrexa de san Luis dos Franceses de Roma:


Michelanchelo Merisi da Caravaggio. Vocación de san Mateo, 1599-1600.
Óleo sobre lenzo 3,38 cm x 3,48 cm. Roma

Los lienzos cubrían casi por completo las paredes de la capilla y recogían tres momentos de la vida del santo evangelista. La vocación de san Mateo era una escena popular, casi tabernaria. Caravaggio había recreado la época en la que él había vivido tanto en el mobiliario como en la indumentaria de los personajes. 



Michelanchelo Merisi da Caravaggio. San Mateo e o anxo. (Destruído) 1599-1600
Óleo sobre lenzo 232 cm x 183 cm. Roma

San mateo y el ángel era una obra maestra del tenebrismo, donde el contrate entre la luz y la sombra era tan fuerte que casi hería la vista. El artista había imaginado al santo como un hombre de aspecto vulgar a quien un ángel le inspiraba lo que había de escribir. 


Michelangelo Merisi da Caravaggio. Martirio de san Mateo. 1599-1600
Óleo sobre lenzo, 323 xm x 343 cm. Roma

Por último, en la escena donde recogió el martirio del santo, la composición era muy compleja y el verdugo que maltrataba a san mateo dominaba la escena. Sarah clavó la mirada en aquel rostro que, según Guido Stampa, era el de Caravaggio. Tenía la piel oscura y abundante, y en su mirada se adivinaba un brillo de tristeza. Le habría gustado que aquel rostro hubiera tomado vida por un momento….

Para completar a tan deficiente novela, deixo un texto sobre a exposición que houbera no Prado en 1999:


"O certo é que a súa fortuna crítica sufriu profundos vaivéns, desde as críticas favorables que recibiu en vida, onde se recoñecía a súa extraordinaria capacidade para reproducir a realidade, ata a radical oposición do influínte G. P. Bellori (1672), platónico partidario da estética do belo ideal e da recuperación dos valores clásicos, o cal viu en Caravaggio a imaxe de todo o que debe ser evitado por un pintor: no relixioso, actitudes que non moven á fe e onde os personaxes sagrados están representados con escaso decoro; no artístico, se lle achacaba a representación dun mundo demasiado real, con personaxes que non esconden o súa humilde extracción, sucios, mal vestidos, marcados polas enfermidades e pola súa laboriosa existencia, e, en fin, moi perigoso polo poderoso influxo que exerceu sobre un número importante de extraordinarios pintores que, en maior ou menor medida, sentíronse influídos polas características da súa pintura e que prolongaron e difundiron o seu efecto, moito máis do que a pintura do mestre conseguise por si soa. Trátase de artistas da talla de Manfredi, Gentileschi, Borgianni, Ribera, etcétera."

Andrés Úbeda de los Cobos. "Caravaggio, pintor maldito". En Descubrir el arte, 1999, I, nº 8,pp. 60-68, cita da páxina 63.

17/2/14

Caravaggio en "El pintor maldito": A decapitación de san Xoán


Michelangelo Merisi da Caravaggio. Decapitación de san Xoán Bautista. 1608
Óleo sobre lenzo, 361 cm x 520 cm. Catedral de san Xoán. A Valeta. Malta

“Se quedó extasiada ante el lienzo. El realismo de la obra, tantas veces estudiada en los libros, era algo difícil de definir con palabras. Los contrastes entre las zonas fuertemente  iluminadas y las sombras, tan intensas que el negro acababa por apoderarse de parte del cuadro, habían dado ligar al término “tenebrismo”.

Nada de lo que había leído había justicia a la violenta belleza que transpiraba la escena que Caravaggio había imaginado. El verdugo, que parecía un labriego, solo llevaba unas bragas que apenas cubrían sus partes pudentas. Pensó que el modelo sería uno de los campesinos que el pintor había visto labrar las tierras de la isla cuando estuvo allí. Se imaginó al artista dirigiendo la colocación del cuadro que, más de trescientos años después de haberlo pintado, ocupaba el mismo lugar para el que fue concebido. La ambientación era lúgubre, como la mazmorra donde tenía lugar la muerte del Bautista. Caravaggio no concibió la escena (…) como  la mayoría de los pintores que habían representado aquel hecho. Casi todos lo interpretaban con la cabeza del santo ofrecida en bandeja a Salomé. Él había escogido el momento de máxima violencia, justo cuando el verdugo acababa de degollarlo y el santo se desangraba, tirado en el suelo, como un manso cordero sin oponer resistencia, al tiempo que na criada se acercaba con una bandeja para recoger el trofeo que Salomé había exigido a Herodes después de seducirlo con su danza”.

A novela de Peter Harris non ten maior interese. Realmente é precindible.


Sobre esta obra dicir que tal vez sexa a máis importantes das feitas durante a estadía en Malta e que o pintor asinouna no sangue de san Xoán “f michela…” onde o f podemos interpretalo como fecit (fixo) ou frater (irmán)

10/2/14

Anamorfose

Na fantástica páxina Didatticarte dannos todo un curso sobre a anaformose... e, para amosalo dun xeito moi contemporáneo, póñennos estes vídeos:

3/2/14

Colexio do Cardeal en Monforte: a arquitectura manierista en Galicia


O Colexio da Nosa Señora da Antiga de Monforte de Lemos, en plena Ribeira Sacra luguesa é coñecido popularmente coma O Escorial Galego, entre outras razón pola súa harmonia e simetría.

Texto do profesor Soraluce, con mínimos cambios:
  
Dende os postulados platerescos de R. Gil de Hontañón ou Mateo López, a evolución cara a un renacemento galego máis clásico veu da man de mestres andaluces e santanderinos, como Ginés Martínez, Gaspar de Arce ou Jacome Fernández a finais do século XVI. Entre tanto estábase difundindo por Castela unha nova versión do clasicismo “romano”, tamizado por Herrera e os seus seguidores. Esta denominada escola vallisoletana penetrará en Galicia a partir de 1590, formando neste depurado estilo a numerosos mestres canteiros galegos, que prepararán o terreo para a posterior chegada do barroco. A obra clave destoutra corrente renacentista será o Colexio do Cardeal en Monforte de Lemos (Lugo), do cal os seus autores foron os mestres arquitectos xesuítas Andrés Ruiz, Juan de Tolosa e Juan Bustamante, coa intervención de Juan de Nates e Simón de Monasterio.

Ata o século XIX críase que o autor do Colexio do Cardeal fora Juan de Herrera, apuntándose incluso a posibilidade da intervención dun proxectista italiano, sen embargo, a serie de mestres, entre os que destacan Tolosa e Nates, senlleiros discípulos de Herrera, sitúa a obra no seu verdadeiro contexto arquitectónico, alleo ao renacemento compostelán, mercé á iniciativa do cardeal Rodrigo de Castro, arcebispo de Sevilla de orixe monfortina e home de confianza de Filipe II. O seu interese por crear unha fundación xesuítica en Monforte, vila na que paseou a súa xuventude, tiña como obxectivo satisfacer ambiciosos plans educativos e culturais. En 1591 mandou adquirir os terreos dunha gran planicie xunto ao río Cabe para esta finalidade, pero a súa morte (1600) impediríalle ver rematada tan magna empresa.

O pai Andrés Ruiz foi o primeiro arquitecto da obra monfortina. Del só sabemos que fixo as trazas, presentadas en 1592 para poxar as contratas, sen que a súa intervención pasara dos alicerces, xa que ao ano seguinte o substitúe Juan de Tolosa, arquitecto ao que hai que atribuír o proxecto do templo, monumento central do conxunto. A posición simétrica dos dous grandes patios, coa igrexa en eixe e a fachada única para templo e edificio, responde ao novo tipo de arquitectura monástica e hospitalaria, da cal o máximo expoñente fora o Escorial. Alí crese que iniciou  a súa actividade o fillo dun aparellador de Juan Bautista de Toledo, Juan de Tolosa, ao que se pode seguir a pista en numerosas obras clasicistas repartidas por Castela. Seus parecen ser os mosteiros contemporáneos de san Juan de Corias en Asturias e o templo do mosteiro galego de Montederramo. A súa aportación hai que valorala na difusión dun modelo viñolesco de templo xesuítico cunha gran nave, cruceiro, cúpula, ábsida rectangular e capelas laterais unidas entre si, compoñendo os muros interiores con grandes piastras clásicas que soportan un friso corrido no que descansas as bóvedas de canón e de aresta de naves e capelas. En Corias utilízase a orde dórica; en Montedorramo, a xónica; e en Monforte, a corintia; pero nos tres casos trátase de grandes masas concibidas coa grandiosidade romana de todo o herreriano.

Para Monforte e Montedorramo, Tolosa cortou os patróns de cantería e realizou os modelos (maquetas) dos elementos clásicos segundo documentos da época, a fin de que mestres como Diego de Isla, Juan de Cajigas ou Juan e Pedro de Sierra realizaran materialmente estas construcións. Dos claustros do Colexio do Cardeal, só o apegado ao costado sur do templo é renacentista. Levantouno Simón de Monasterio xa no século XVII cun deseño en orde dórica.

A fachada principal do Colexio, coa interesante portada da igrexa situada no centro, merece un especial detemento para comprobar o grao de amalgama ao que chegou a nosa arquitectura manierista. A portada ordénase en dous corpos distintos superpostos: o inferior almofado acolle unha composición en orde dórica de robusta impronta italiana, mentres que o corpo alto, coas súas piastras xónicas, ten o selo da escola herreriana. Tal diverxencia pode deberse á intervención de dous mestres, posiblemente Tolosa ou Bustamante na zona baixa e Juan de Nates na superior, xa que o deseño recorda a outros remates seus en templos de Palencia, Valladolid ou Medina do Campo.


O resto da fachada, o monumental muro ordenado en tres plantas, responde a unha solución tipicamente española, seguindo a tradición de fachadas palacianas de Rodrigo Gil de Hontañón, cunha galería superior, moi pouco esculiarense. En resume, Monforte compendia a influencia de distintos focos renacentistas como Roma, Vignola, O Escorial, Valladolid, Gil de Hontañón, etc. Un magnífico colofón a toda unha época da arte galega.


En resume, a planta actual do edificio ten unha igrexa cuberta cunha bóveda de canón, un claustro a cada lado, o da dereita máis amplo, tendo nun dos seus lados a sancristía, unha serie de dependencias ao redor dos claustros e un corpo alongado á dereita de todo o edificios segundo se dirixe a vista á fachada.

O sobre a evolución histórica do conxunto arquitectónico cómpre sinalar que foi Real Seminario de Estudos ata 1773, mesmo xérmolo dunha universidade (tivo sete cátedras). Despois da expilsión dos xeuítas de 1767, ordenouse a retirada de calquera símbolo desta congragación (vésaxe o espazo en branco tras retirarse o escudo da orde no retablo de Francisco de Moure. Dende mediados do século XVIII é propiedade da familia Alba, cedido aos Pais Escolapios en 1873.

Como noutras obras arquitectónicas, o terremoto de Lisboa de 1755 tamén deixou aquí a súa pegada: gretas na cúpula, danos da escaleira monumental, ademais doutras incidencias menores.

 Do seu importante patrimonio artístico (varios grecos, Andrea del Sarto, Francisco Pacheco, Francisco de Moure…) falaremos noutra ocasión.

Cita de José Ramón Soraluce Blond. Guía da arqutectura galega. Vigo, Galaxia, 1999, pp. 87-90.
Fotos: INICIARTE.

Bibliografía
Bonet Correa, Antonio. La Arquitectura en Galicia durante el siglo XVII. Madrid, CSIC, 1984.
Cotarelo Valledor, Armando. El Cardenal Don Rodrigo de Castro y su fundación en Monforte de Lemos. Vol. 1. Madrid, Magisterio Español, 1945.
Hermida Balado, Manuel. Lemos: pequeña historia de un lugar con mucha historia. Madrid, Fenix, 1969.
Huerta, Santiago. Arcos, bóvedas y cúpulas: geometría y equilibrio en el cálculo tradicional de estructuras de fábrica. Madrid, Instituto Juan de Herrera, 2004.
Lorenzana Lamelo, María Luisa. 1989. Aportación documental al estudio histórico-artístico de dos fundaciones monfortinas: El colegio de la Compañía y el convento de las Clarisas. Lugo, Deputación  de Lugo. 1989
Martínez González, Esteban. Colegio de Ntra. Sra. De la Antigua (Monforte de Lemos). León, Everest, 2000
Pérez de los Cobos, Francisco. Proyecto de conservación, reforma y ampliación del Colegio de Ntra. Sra. De la Antigua de Monforte de Lemos. s. l., 1915.
Rivera Vázquez, Evaristo. Galicia y los jesuitas: sus colegios y enseñanza en los siglos XVI al XVIII. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza, 1989.
Soraluce Blond, José Ramón. Guía da arqutectura galega. Vigo, Galaxia, 1999.