10/1/14

Premio DARDOS

Nos últimos días varios amigos e amigas téñense detido en INICIARTE para agasallalo co premio DARDOS. Estes amigos foron Gonzalo Durán de Linea Serpentina, referencia na historia da arte. Ana Rey de Arel-Arte, mestra en presentacións e en analizar temas, e XoséA, de O blog de Xosé Antón, compañeiro, veciño e un dos "bos e xenerosos". Noutras ocasións recibín mencións semllantes ás que non fixen demasiado caso. Pero agora veñen de compañeiros e amigos polo que debemos ser agradecidos.

A todos eles moitas grazas.

Parece ser que ao aceptar esta distinción, outorgada pola creatividade, o esforzo e a dedicación para acadar unha calidade de contidos, debemos recoñecer o labor doutros quince blogueiros e blogueiras. Obviamente as tres persoas que se lembraron de INICIARTE tamén deberían ser recoñecidas desde aquí, mais para non ser redundantes, aí vai a miña lista de seleccionados en orde alfabética:

-Alfibai, de Ramón Noche (Lugo), compañeiro de viaxe formativo e mestre on-line.
-Biblioafonso, da Biblioteca do IES Afonso X (Cambre)... tirando para casa.
-Capítulo Cero, de Manuel Gago (Santiago), imprescindible para a arqueoloxía e a gastronomía.
-Clío bogue, de Henrique Hervés (Lugo), o máis novo da lista pero coñecendo ao seu autor dará mioto xogo.
-Desordenadas Lecturas, de Beatriz González (Monforte), literatura en estado puro, compañeira de batallas e cafés esporádicos.
-Didatticarte, de Italia, exemplo da beleza artística dun país.
-La anomalia, de Antonio Moreno (Salamanca), reflexións políticas desde unha perspectiva filosófica. Imprescindible.
-Mademoiselle SanDrillana, de Sandra Rodríguez (Carballo), docente e persoa admirable onde as haxa.
-Mujer y Evolución, de Montserrat A (Barcelona-Santiago de Chile), novo, fresco, variado e sempre interesante. Desde Cataluña para o mundo.
-O blog de Sociais, de Marta Arias (Lugo), referente en formación para docentes de CCSS.
-O segrel do Penedo, de Loly Lago (Fene), da biblioteca do IES de Fene. Para min TODO.
-O sorriso de Daniel, (Santiago), non se pode estudar, coñecer, amar máis a arte románica.
-Revolta da freixa, un referente no idioma.
-Roteiros galegos, de Fran Méndez (Santiago), un puro camiño de beleza pola nosa terra.
-Xarxa Tic, de Jordi Martí (Barcelona), divulgación para docentes despertos e reflexións para docentes vivos.

5 comentarios:

Fran dijo...

Grazas Toño por incluirnos neste top. Menudo agasallo!!
Roteiros Galegos

Beatriz González dijo...

Moitas grazas!! Unha aperta

Mademoiselle SanDRillana dijo...

Merci...
http://sandrillana.blogspot.com.es/2014/01/premiodardos.html

RNF dijo...

Mil grazas, caballero!
É todo un honor.
Unha aperta.

revoltadafreixa dijo...

Beizón polo agasallo, que xuntamos ao excelente agasallo de seguir o teu blog.
Saudiña.