13/1/14

Basílica da santa Croce en Florencia


Sobre un antigo templo franciscano do século XII, en 1294 comenzouse a levantar este templo segundo os planos de Arnolfo di Cambio. Nos anos seguintes o templo foi medrando, e mesmo modificando os planos orixianis, mais a fachada estaba sen rematar, ata que no sécilo XV, a familia Quarantesi ofreceuse a finaiala cunha condición, que se puxera o seu escudo na no centro. Ante orexeitamento dos franciscanos a obra permanecería sen rematar ata o XIX cando se fixo nun claro estilo neogórico.

O seu interior ten unha estrutura de cruz exipcia con forma de T, con tres naves. A central, grande e solemne, ten alicerces octogonales e arcos oxivales que soportan os muros finos, símbolo das doutrinas franciscanas. Arnolfo di Cambio, no seu proxecto, quería reflectir a sencillez e pobreza da orde, e por isto realizou a igrexa cunha planta espida. As amplas fiestras iluminaban os frescos das paredes que describían, dun xeito directo, a vida de Cristo e dos santos: era a Biblia dos pobres para o pobo analfabeta. Na parte posterior da basílica hai moitas capelas dedicadas a familias burguesas florentinas.


No seu interior hai obras de Cimabue, Giotto, Brunelleschi, Donatello, Giorgio Vasari, Lorenzo Ghiberti, Andrea Orcagna, Taddeo Gaddi, Luca Della Robbia, Giovanni da Milano, Bronzino, Michelozzo, Domenico Veneziano, Maso di Banco, Giuliano da Sangallo, Benedetto da Maiano, Antonio Canova. Mais hai que saleintar a presenza de Giotto e a súa escola.

Na actualidade no seu interior destacan as tumbas de senlleiros persoeiro artísticos italianos tales como: Nicolás Maquiavelo, Galileo Galilei, Miguel Ángel, Vasari, Lorenzo Ghiberti.

Fotos para INICIARTE de E. R.

1 comentario:

rodrigo dijo...

Impresionante catedral, me llama mucho la antencion la arquitectura, de sus arcos y columnas...

un post muy bueno, gracias.