6/9/08

Álvaro Siza: casas en venda

Unha das cousas que máis admiro de Portugal é calidade arquitectónica das súas edificiacións colectivas e individuais dos últimos vinte anos. Son todo un exemplo dunha calidade media moi notable. Pois ben, veño de coñecer como unha promocións de vivendas unifamiliares, anúnciase en funcións dos seus afamados arquitectos e, entre eles, como non, destaca o Álvaro Siza, do que INICIARTE xa vos comentara algunha obra.

Os textos e as fotos que vedes a continuación son da promoción BOMSUCESSO.



Parcelas 1-14

En cada unha das catorce parcelas, a vivenda terá un ángulo diferente e, con iso, diferentes perspectivas. A cociña situarase no centro, rodeada das catro habitacións, o cuarto de baño e o patio. O cuarto de estar, volto ao norte, permitirá a observación dunha magnífica paisaxe, dispondo igualmente de apertura cara ao sur. A piscina, ao noroeste, separada da casa, terá unha visión directa do cuarto de estar. A cobertura axardinada aforrará enerxía ofrecendo maior confort interior.



Parcela 223-227

A totalidade das vivendas destas dezasete parcelas están orientadas de forma que a sala quede de fronte á lagoa, o que permite gozar da magnífica paisaxe que ofrece este lugar. As vivendas teñen dous pisos que separan as zonas de convivencia das privadas.




Parcelas 228-233

A totalidade das vivendas destas dezasete parcelas están orientadas de forma que a sala quede de fronte á lagoa, o que permite gozar da magnífica paisaxe que ofrece este lugar. As vivendas teñen dous pisos que separan as zonas de convivencia das privadas.





5 comentarios:

Sarinsky dijo...

Me acabas de matar con estas casas!! Son de lo mejorcito que he visto, y sin duda alguna me quedo con la que aparece en tercera posición.(esa también podría ser la casa de mis sueños jeje)
Son realmente estupendas!! (me recordaron a "Corbu")

Saludos

Antonio Martínez dijo...

Son deprimentes, realmente fannos conscientes de que vivimos onde podemos e non onde quixéramos.

Luis dijo...

Son preciosas.

Sarinsky dijo...

La verdad es que después de ver estas MARAVILLAS....si que da pena vivir en la Barcala jajjaj

Yo quiero una...:(

Antonio Martínez dijo...

Para compensar o meu comentario anterior, direivos que o importante non é onde vives sendo con que vives.
Saúdos.