A apertura da ponte en 1929 na Michigan Avenue e a ampliación da mesma con edificacións, animaron a prolongar a ocupación da retícula con edificacións en altura cara ao lado norte do Chicago River, cara ao que trala Segunda Guerra Mundial coñécese como a Magnificient Mile. Precisamente, o lado dereito do río, en fronte do xa analizado Wrigley Building, foi o escenario elixido para a confrontación internacional que supuxo o concurso para a sé do xornal Chicago Tribune (na actualidade, 435 North Michigan Avenue) e que tiña un premio dotado con 100.000 dólares. Deste concurso, convocado en 1922, analizaremos noutra entrada a proposta do austríaco Loos.
O proxecto ganador foi o presentado por, e realizado entre 1923 e 1925, por Raymon Hood e John M. Howells. Neste rasñaceos pretendíase non só emular a nova configuración da edificación en altura que está impoñendo a cidade de Nova York, senón satisfacer as expectativas simbólicas e urbanas a través duns xeitos neogoticistas e unha verticalidade inequívoca.
Desde unha consideración funcional, no seu interior a planta rectangular satisfacía as esixencias dun bo edificio de oficinas en altura, mentres que no seu interior as fiestras uniformes se artellaban formando bandas con filamentos, revestidos con pedra caliza de Indiana, da súa armazón estructural. No basamento de tres plantas un tanto rigorista insinúase a ornamentación goticista, pero a súa exaltación é a razón de ser da coroación.
O conxunto ocupa perimentralmente un rectángulo ao longo da avenida Michigan, pero a partir da planta vixesimoprimeira adopta unha forma cadrada e, tres plantas máis arriba, o volume se retranquea elevándose como unha torre exenta. Dous alicerces que arrincan desde o chan en cada un dos seus lados prolónganse espectacularmente nunha dirección ascensional, transformándose en arbotantes, os cales unifican visulamente os seus tres corpos, enfatizando a verticalidade e imprimindo unha desmaterialización e dinamismo que culminan nos efectos un tanto dramáticos do seu coroamento. Por certo, tal coroamento foi inspirado na torre gótica da catedral francesa de Rouen.
Na actualidade o Chicago Tribune é principal diario da cidade de Chicago,
Illinois, (Estados Unidos), propiedade da Tribune Company. Tamé é o oitavo xornal
máis importante de Norteamérica en vendas.
O Chicago Tribune converteuse pronto non só no reclamo visual do xornal, senón
tamén nun símbolo da cidade de Chicago. Como curisidade podemos engadir que na
súa base incrustáronse pedras de diversos lugares do mundo.
Bibliografía empregada:
Simón Marchán Fiz. La Escuela de Chicago: ¿Un edificio alto
de oficinas? En Arte y Ciudad. A Coruña, Fundación Caixa Galicia, 2000, páx.
373-404.
FOTOS: Iniciarte.
1 comentario:
Muy interesantes estos dos artículos sobre los rascacielos de la arquitectura del hierro y la Escuela de Chicago. Abrazos, Antonio.
Publicar un comentario