Unha
das primeiras consecuencias artísticas do levantamento da basílica prerrománica
de Santiago de Compostela, foi a extensión do seu modelo arquitectónico nas
contornas da nova urbe galega. Deste xeito a aparecen varias igrexas con clara influencias
compostelá, tal e como poden ser consideradas os templos de santa María da
Corticela (Santiago de Compostela), san Sadurniño de Goiáns (Porto do Son), san
Pedro de Ansemil (Silleda), san Pedro de Orazo (A Estrada) ou Santiago de Mens
(Malpica)
Esta
fermosa e pequena capela da Corticela na actualidade atópase integrada dentro
do templo catedralicio de Santiago mais nas súas orixes era unha igrexa exenta.
As súas orixes están nos tempos do bispo Sisenando, é dicir, a finais do século
X.
O
arcebispo Jerónimo del Hoyo, a principios do século XVII, nas súas famosas
Memorias del Arzobispado de Santiago, escribiu que na Corticela “dezian las
horas algunos de los monges quel rey do Alonso el Casto truxo”. Isto ten levado
a pensar aos historiadores da catedral que o bispo Sisenando establecera unha
comunidade de monxes e que lle sería confirmada a posesión polo rei Ordoño II
ao abade Gutto no ano 912. Esta comunidade, pequena nas súas orixes, recibirían
máis terreos extramuros, no lugar de Pinario (actual mosteiro de san martiño
Pinario)
Tras
a razzia de Almanzor, no 997, foi necesaria a reconstrución da Corticela, en tempos
do bispo Pedro de Mezonzo (circa ano 1000), permanecendo sen modificacións ata
a edificación da catedral románica polo que foi necesario que os terreos
colindantes ao pequeno templo pasaran a formar parte da grandiosa catedral,
acordo que foi recollido nunha concordia acadada no ano 1077. Posteriormente,
xa no século XIII, a Corticela volvería padecer grandes reformas a pesar do cal
aínda conserva a súa concepción prerrománica.
Nas
súas orixes, a capela mandada levantar
polo bispo Sisenando tiña unha gran, único e rectangular, presbiterio. As dúas
capelas que podemos contemplar na actualidade, foron engadidas máis tarde, polo
que se comprende as súas desiguais proporcións, o aparello e o grosor dos
muros. É de planta lonxitudinal de tres naves. As naves, a pesares de seren
reedificadas, semellan manter as proporcións orixinais, agás na súa lonxitude,
xa que de tres tramos pasaron a dous (o que permitiu facer a capela de san
Nicolás na catedral) esta afirmación foi corroborada nas escavacións de 1966
dirixidas polo admirado, Chamoso Lamas.
O templo contaría cunha lonxitude de trece metros aos igual cos outros
levantados nos tempos do citado bispo Sisenando, é dicir de san Sadurniño de
Goiáns e de san Pedro de Ansemil. Orixinalmente a cuberta tivo que seren de madeira pola ausencia de contrafortes no exterior e
polas dimensións e altura das naves. A cuberta abovedada do presbiterio procede
das reformas do século XIII. O templo ilumínase de xeito natural por medio de
seis pequenas e abucinadas xanelas así como polo gran rosetón do oeste (celosía
pétrea, con gran baquetón e taqueado xaquense tan característico do camiño).
Para
acceder na actualidade a este fermoso templo debemos entrar na catedral de
Santiago pola porta norte e atravesar un corredor do século XVIII. A súa
fachada está presidida por unha Epifanía. Conta con fustes lisos e capiteis de
decoración vexetal, con tripla arquivolta.
No
seu interior e no muro norte, destaca o conxunto de Xesús na horta das
oliveiras, realizado en granito policromado no século XV. Cabe salientar que é
parroquia do estranxeiros desde 1527.
Tal
como se pode apreciar nas fotos do exterior realizadas por Fran Méndez para
INICIARTE, a capela da Corticela está xa integrada no conxunto edilicio da
catedral.
2 comentarios:
Puro románico, Antonio; no recapacité mucho en ella cuando estuve en Santiago. Muy buena explicación. Saludos.
Paco, eso tiene arreglo. La próxima que te vengas al norte, avísame.
Publicar un comentario