18/10/12

Campamentos romanos en Galicia: Aquis Querquennis




Dos campamentos romanos que actualmente está escavados o máis interesante é este de Aquis Querquennis (o de Sobrado tampouco está nada mal...) Tenme impactado enormemente o xeito de ocupar o territorio polos romanos pero este campamento… tamén ten o seu encanto. O texto que figura a continuación procede da tradución realizada desde a Wikipedia.

“Coñecido coloquialmente como A cidá, foi un campamento romano situado na parroquia de Baños de Bande (Bande, Ourense,) e ocupado entre o último cuarto do século I e mediados do II. Non se sabe de certo que unidade militar ocupou o campamente, aínda que se especula que puido ser a Cohorte I Gallaica, unidade mixta de cabalería e infantería.

Probablemente construída para vixiar a Via XVIII ou Via Nova, que comunicaba Bracara Augusta e Asturica Augusta. As primeiras escavacións arqueolóxicas realizounas Florentino López Cuevillas na década de 1920. Unión Fenosa, que adquiriu o terreo en 1947 para a construción doutro encoró e autorizou novos estudos a partir de 1975, centrados ao noroeste do xacemento e dirixidos durante case 20 anos por Antonio Rodríguez Colmenero.

O asentamento ocupa 3 hectáreas e a súa disposición é a clásica: forma rectangular e dúas vías principais ortogonales, o cardo (neste caso de 4 m. de anchura) e o decúmanos. Posúe unha muralla de esquinas suavizadas e fábrica de perpiaños graníticos (en latín, opus vittattum), con 3,20 metros de altura e almenas semicilíndricas. As torretas sobresaen aproximadamente 10 cm. desde as almenas. A muralla está separada das construcións do interior por un intervallum de 11 metros. Hai un foso exterior á muralla con forma de "V" en profundidade, de 4 m. de ancho por 3 m. de fondo.

Ten 4 portas principais, as que corresponden aos extremos das dúas rúas citadas; escaváronse dous delas: a Principalis Sinistra e a Decumana. A primeira posúe dous vans e a segunda só un. Identificáronse tres barracóns, liñas de habitacións en edificios enfrontados ao redor dun patio con cisterna para recoller a auga de choiva. As estancias, de 3x3 metros e preparadas para albergar ata 8 soldados, teñen un chan de terra batida, están divididas en dúas zonas. As portas e oquedades están ao sol.

Hai dous hórreos rectangulares elevados sobre alicerces de pedra e delimitados por muros grosos con contrafuertes, polo que se cre que as cubertas eran abovedadas, xa que os contrafuertes guían e centran as forzas xurdidas de superficies non ortogonales. Atopouse un edificio de planta case cadrada e habitacións dispostas ao redor dun impluvium, quizá un hospital (valetudinarium). É posible que un peristilo de columnas de madeira asentado sobre un muro baixo perimetrara o patio.

O edificio central foi probablemente o cuartel ou principia. Posúe unha planta de 34,8 m. de fachada x 32,1 de fondo; ten un vestíbulo flanqueado por deambulatorios, un patio central grande con peristilo en 3 dos seus lados, unha basílica á que se accede por 3 portas en lados dinstintos e un área sacro-administrativa ou templo oficial, en cuxo centro está o aedes rodeado de cinco estancias, posiblemente o tabularium ou arquivo.”

Preto do campamento existe un pequeño centro de interpretación que, na súa páxina web facilita moita información. Podedes contemplar o seguinte vídeo para comprender mellor todo o conxunto.

Bibliografía:
-Excavaciones Arqueológicas en Aquis Querquennis. Actuaciones en el campamento romano (1975-2005). Antonio Rodríguez Colmenero, Santiago Ferrer Sierra (Grupo Arqueológico Larouco) Edita: Grafic-Lugo SL, 2006.
- Aquea Querquennae: Aspectos arquelóxicos dun Asentamiento Militar Romano na Baixa Limia. Tomás Vega Avelaira. Grupo Arqueolóxico Larouco. Edita: Revista de Arte, Cultura e Tradicións Populares, Raigame.
- Aquea Querquennae-Campamento militar romano e mansión viaria. Guía das ruinas. Edita: Xunta de Galicia, Conselleria de Cultura, Comunicación Social e Turismo.
-Xaquin Lorenzo “Xocas”. Enrique Bande Rodríguez. Edita: Duen de Bux SL, 2004

No hay comentarios: