15/10/12

Arco Etrusco de Perugia




O arco etrusco é unha das seis portas de Perugia, cidade de orixe etrusca e hoxe de forte compoñente medieval situada na Umbría, no centro de Italia sendo a única porta que non sufriu moitas alteracións na súa estrura orixinal etrusca. É o monumento etrusco máis sobranceiro da cidade ademais de constituíren a súa porta principal. Está situada na parte norte da cidade. Data do século III a. C. A cada un dos seus lados foron levantadas torres trapezoidais construídas con bloques de travertino ao seco, é dicir, unidos sen argamasa. O arco está compostos por dúas ringleiras de doelas. Sobre o arco severo da porta, os romanos engadiron outro e a seguinte inscrición: AUGUSTA PERESIA engadida no século I a.C. tras a conquisda da cidade por Octavio Augusto, de aí que tamén sexa coñecido como Arco de Augusto. Entre os dous arcos podemos apreciar un friso con columnas pegadas xónicas separadas por grandes medallóns.

A loxia da esquerda é renacentista do século XVI.

Para nós é moi válida xa que podemos apreciar unha construción, a primeira do curso na que se empregan elementos curvos tal como o arco é bóveda. Ademias podemos apreciar os distintos tipos de “opus” co que foi levantado.

Nesta ligazón podedes velo en 360 graos.

Fotos: INICIARTE.

1 comentario:

PACO HIDALGO dijo...

Interesante esta aportación sobre el arte etrusco, otro de los grandes olvidados en el temario. Saludos, Antonio.