Como era habitual todo o traballo escultórico concentrábase nos frontóns, na
estatua da naos a quen se dedicaba o templo, nas metopas, frisos se os houbese
así como entras pezas menores.
Os máis rechamante deste templo foi a gran estatuta de Zeus. Para a súa realización foi chamado o escultor ateniense Fideas, quen, cónta Pausanias, escribiu na base da escultura: “Fíxome Fideas o ateniense, fillo de Charmides”. Zeus foi representado sentado a pesar do cal medía uns 12 metros pois se dicía que se se puxese de pé sairía polo tellado do templo. A estauta estaba feita con ouro, marfil e outros materiais preciosos (criselefantina). O nucleo sobre o que se aplicarían os materiais preciosos debería ser de madeira. O pedestal era de mármore escuro de Eleusis, e a súa anchura era mesma que tiña a nave central. Da estatua non se conservou nada. A súa reconstrución baséase, por unha banda, na detallada descrición de Pausanias, e por outra, en moedas de élide do século I d.C., que representan nunha cara a cabeza do deus, e na outra, a estatua. Zeus, sentado no seu trono, levaba un manto que lle deixaba ao descuberto o peito e cubríalle a parte inferior do corpo. Na cabeza levaba unha coroa de rama de oliveira. Na man esquerda sostiña o cetro cun aguia na punta, e na palma dereita tiña pousada unha Vitoria. O trono estaba decorado con representacións mitolóxicas pintadas e en relevos.
A estatua non se construíu ao mesmo tempo que o templo, senón uns 20 anos despois. Probablemente a súa colocación no interior do templo representaría dificultades por mor do seu tamaño. Parece lóxico pensar que se requiriría un lugar especial para a súa creación. Para iso construíuse un taller especial ao oeste do templo, que tiña as mesmas dimensións da naos. Nos espazos auxiliares descubríronse, durante as escavacións, ferramentas, matrices de arxila, xoias de cristal, anacos de marfil. Entre as vasillas que se atoparon, o achado máis impresionante é un pequeno vaso negro, que ten gravado na parte inferior “Son de Fideas”. A pregunta é se a estutua de Zeus é anterior ou posterior á estatua de ouro e marfil de Atenea Parthenos que construíu Fideas para o Partenón e que se inaugurou no ano 438 a.C. Estes recipientes fan supor que o Zeus é posterior á Atenea, ao redor do 430 a.C.
A decoración dos frontóns estaba realizada con esculturas de mármore. No frontón oriental representábase o mito local de Enómao e Pelópe, en concreto, o momento da partición da carreira de carros, que a un lle custou a vida e ao outro a vitoria, xunto con Hipodamia e a soberanía na rexión. O lugar central ocupábao Zeus, á súa dereita e esquerda aparecían as dúas parellas, Enómao e a súa esposa, Esterope, e Pélope con Hipodamia. Seguían os carros e os axudantes. Nas dúas esquinas aparecían as figuras alegóricas tendidas dos ríos Alfeo e Cladeo. Erroneamente Pausanias atribiui este frontón a Peonio.
No frontón occidental representábase o mito grego da Centauromaquia, é dicir, o enfrontamento entre lapitas e centauros durante a voda de Pirítoo. No centro estaba Apolo, o deus da luz e a orde, quen fai un xesto característico coa man dereita. Aos seus lados loitan os lapitas e os centauros, que xa capturaran ás mulleres. Os lapitas representaban a o orde olímpica civilizada, mentres que os centauros serían a natureza primitiva. Nas esquinas, dúas figuras observan os acontecementos.
Ambos os frontóns conservábanse no Museo deOlimpia.
Na parte superior da cornixa atopábase o
cimacio, con adornos florais pintados e as tres esquinas estaban decoradas con
acróteras. As acróteras centrais eran Vitorias de ouro do escultor Peonio,
mentres que as laterals eras tres caldeiras con trípode de ouro.
Agás a obra de Fideas, todo o restante
conxunto escultórico pertence ao chamado estilo severo mais cunhas
características comúns polo que ás veces refirense aos seus autores como o “Mestre
de Olimpia”.
Bibliografía: Ismini Trianti e Panos Valavanis. Olimpia y los juegos olímpicos. Atenas, 2009.
1 comentario:
Me parece normal firmar una estatua de 12 metros así de impresionante, pero firmar un vaso ya es un poco egocéntrico. Yo sólo lo digo.
Publicar un comentario