16/9/12

Megalitismo no illote Areoso


Nunha sorprendente actividade marítima pola ría de Arousa, puidemos achegarnos no pasado xullo ata os illotes de Guidoiro Areoso. Neste último contáranos que apareceran uns restos megalíticos. Tras a visita, onde fixen as fotografías que podedes ver, busquei máis información e atopeime coa nova da aparicións dos dolmens na prensa, e que J. Manuel Rey (con que hai xa moitos anos escavara no castro de Baroña) dirixiu uns traballos arqueolóxicos que puxeron ao descuberto ata cinco dolmens e, sobre todo un poboado megalítico con restos de bronce dos máis antigo da península.

A peculiaridade destes dolmens é que foron descubertos grazas ao traballo do mar e das mareas. Temos que pensar que cando foron levantados (hai uns catro mil anos) o nivel do mar era varios metros máis baixo que o actual.

Manuel Gago, no seu fermosísimo blog Capítulo Cero ten escrito dabondo sobre este xacemento. Do seu blog collo o seguinte vídeo.







Fixádevos, agora, no xacemento máis sobranceiro do lugar. Mirade como se pode observar perfectamente o túmulo que protexía a construción e como agora, e desde hai só uns meses, hai outro muro que a protexe das mareas.




Este segundo megalito está na praia na zoa intermareal, e dependendo dos temporais pódese contemplar con maior ou menor exactitude. Mira as laxas en pé e o círculo lítico que as rodeas. Impresionante, non si?

1 comentario:

PACO HIDALGO dijo...

Buen inicio de curso con los megalitos que tanto abundan en la zona oeste de la Península. Una gran alegría poder saludarte otro curso, Antonio, tras la pausa veraniega. Este año tendré menos tiempo para el blog y visitas a páginas amigas, pero se hará lo que se pueda. Un fuerte abrazo desde el sur.