Consta dunha dupla estrutura prismática no lado sur-oeste do Millennium Park de Chicago. Foi inaugurada en xullo de 2004, a partir dunha idea plasmada no 2000 e construída desde 2003. Forma parte dun extraordinario conxunto de esculturas situados por todo o downton e das que Iniciarte xa vos falou (Picasso, Moore, Miró, Kaspoor, )
En palabras do propio escultor: “Unha fonte é a memoria da natureza, o marabilloso son dun pequeno río nas montañas trasladado a unha cidade. Para min, unha fonte no só significa un gran chorro de auga. Significa humidade, a orixe da vida”.
O magna obra foi construída coa colaboración dos arquitectos Ronal Krueck e Mark Sexton (Krueck & Sexton Architects) que trataron de converter en realidade as ideas de Plensa. A fonte, ou fontes, está realizada con 22.000 bloques de vidro, realizados en Pensilvania. Estas pezas tiñan que ser da cor da “auga branca” para que non modificaran as cores a proxectar ou a producir na pantalla LED. Ademais deberían ser moi finas, só dúas pulgadas de espesor, para evitar a distorsión das imaxes. Cada un destes vidros está colocado sobre unha cuadrícula de aceiro inoxidable agochada pero que facilita o cambio de calquera vidro que se poida estropear.
Cada pantalla LED é de 24 pes de ancho por 50 de altura, composta por 294 paneis conectados. En cada unha das pantallas prodúcense máis de 4,4 trillóns de cores. Algo que chama poderosamente a atención é que estas pantallas son enfriadas con ventiladores do garaxe situado debaixo do parque. As imaxes proxectadas proceden dun bucle aleatorio e continuo entre os cidadáns de Chicago fotografados por Plensa.
Todas as persoas participantes na iniciativa (alcalde Richard M. Daley), o deseño (Plensa), financiación (Familia Crown) e construción (Krueck & Sexton) da obra teñen manifestado a súa satisfacción polo uso que a cidadanía de Chicago está a facer da fonte tal e como se pode apreciar no libro de Russ.
Bibliografía Cesar Russ. The Crown Fountain. Millennium Park. Chicago. 2009, Realviews.
Post dedicado a Marta V., quen gozou tanto da arte de Chicago coma nós porque como di o fotógrafo madrileño César Russ, esta cidade “sempre te da máis do que podes imaxinar”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario