26/3/12

A ponte de ferro de Logroño


Na península Ibérica temos moitos exemplos da denominada arquitectura de ferro. Máis teríamos, sen embargo, se non derrubáramos pontes, peiraos…

Unha das pontes que pode resultar  exemplificadora deste xeito de entender a arquitectura é a ponte de ferro de Logroño, tamén chamada Ponte Sagasta, xa que foi este político rioxano, Práxedes Mateo Sagasta quen tivo a inicitiva política da súa construcción tras o derrubamento do anterior ponte volante militar, o 1 de setemebro de 1880 no que, parecer ser, morreran noventa soldados.


Das catro pontes que cruzan o río Ebro pola capital rioxana, o de ferro é o máis antigo xa que foi inaugurada en 1882, con seus 330 metros de lonxitude.


Consta de 11 tramos de 30 metros cada un, deseñados a unha altura con respecto ao nivel máis baixo do río duns oito metros, altura suficiente para salvar as grandes crecidas do Ebro en determinadas épocas do ano, como as ocorridas nos anos 1775, 1831 e 1871, que excederon en nivel dun metro a ponte. Construíuse seguindo un proxecto do arquitecto Fermín Manso de Zúñiga.


A información procede da Wikipedia e as fotos de INICIARTE. 
 

No hay comentarios: