27/7/11

Pechado por vacacións




Canso,
canso,

canso.
Solución:
"Pechado por vacació
ns"










25/7/11

Arqueoloxía romana en Sardeña

Como ben me lembra unha querida amiga que agora anda por Etiopía, hai que ter amigos ata no inferno. Pois ben, INICIARTE, ten amigos e amigas que nas súas viaxes non esquecen os intereses deste blog. O coñecido atléticamente como “Comensal austero” (motor diesel que ao que ningunha costa rebenta) tivo a ben agasallarme co libro “Archeologia e storia dell´arte romana in sardegna” da profesora Simonetta Angiolillo.

Trátase dunha fermosa publicación que percorre os principais xacementos romanas na illa ao tempo que pon en valor as estreitas relacións, políticas e culturais, co resto da civilización romana. Destácase o vencellamento cultural entre púnicos, romanos e autóctonos con evidentes probas nos eidos lingüísticos, administrativo, relixioso cultural e artístico tanto ao longo da República como do Imperio.

Simonetta Angiolillo (Torre Pellice, 1945), é profesora de Arqueoloxía e historia da arte grega e romana en Cagliari. Os seus intereses de investigación afectan principalmente a cultura artística de idade arcaica en Atenas e os carácteres e as dinámicas do proceso de romanización de Sardeña, con especial atención ao estudo do mosaico e da escultura. Dirixiu escavacións arqueolóxicas en diversos puntos de Sardeña así como en Turquía. É autora de numerosos artigos especializados e monografías.

Un fermoso agasallo. Toda unha guía de viaxe para a época romana pola Sardeña: fotografías, planos, debuxos de pontes, caalzadas, vilas, teatros, anfiteatros, vilas, mosaicos… Moitas grazas.

21/7/11

Praza de Lugo, número 11

Como hai moito tempo non aparece nada en INICIARTE sobre a arquitectura da Coruña e co gallo da remodelación da fachada, imos ver hoxe o edificio da Praza de Pontevedra nº 11. En primeiro lugar debemos contextualizalo no desenvolvemento urbanístico da segunda metade do século XIX e en aplicación do primeiro ensanche coruñés. En segundo lugar debemos ter en conta a obra do arquitecto Ciórraga Bastida, elemento clave na difusión do uso da galería na cidade. E finalmente, considero que esta obra aínda non modernista senón a derradeira e decorativista fase do estilo que denominamos “tradicional coruñés”. Lembrade que xa temos falado do modernismo na cidade.

Tamén se podería engadir, para rema
tar esta introdución, que a Praza de Lugo constitúe todo un magnífico exemplo da historia da arquitectura coruñesa durante case un século, desde finais do XIX ata finais do XX: tradicional coruñés, modernismo, eclecticismo relixioso, eclecticismo rexionalista, racionalismo…

O edificio nº 11 foi deseñado do mesmo xeito que os seus “irmáns” dos número 10 e 12 posto que Xoán de Ciórraga repetiu o m
esmo deseño para o promotor Manuel Reboredo Silva.. As diferencias entre os tres, ademais da data da súa edificación (en 1898 o nº 10 e en 1904 os outros dous) son tan só de pequenos elementos decorativos nas fachadas e no número de andares engadidos ao longo dos anos.


Estes tres edificios de Ciórraga, orixinalment
e foran deseñados con tres andares, ático recuado da fachada e terraza. Precisamente coa escusa do difícil mantemento da terraza en 1923 autorizouse ao número 12 levar o ático ata a fachada e engadindo un novo andar que sería completado anos máis tarde. Resultado cinco alturas. Tamén no primeiro terzo do XX o ático do número 11 foi levado ata a fronte da fachada, eliminando a terraza.


O edificio (ou os edificios) ten unha distribución espacial non moi frecuente na cidade posto que o que marcaban as normas urbanísticas e que só o primeiro andar, o principal, levara balcón (podería ser un balcón por
oco ou ben corrido), mais Ciórraga deseña os dous primeiros andares con balcón central (tal e como tamén fixo na rúa Betanzos, nº 1) e o terceiro con galería. Os baixos e os marcos dos oco son de perpiaños e o resto da parede non vai con revoco, como era tradicional, senón que levan azulexos, sendo esta a principal novidade decorativa. Estes azulexos, que veñen de ser amañados, están decorados con figuras de cisnes, vexetación e xarriños con flores en vivas cores. Ademais hai que subliñar, como elemento característico dos primeiros anos do XX na Coruña, o fermoso traballo dos ebanistas nas galerías (a destacar as ménsulas con figuras varias) e dos vidreiros. Na actualidade as galerías están pintadas en branco, cando, orixinalmente estiveran en siena. Estas dúas cores, xunto co verde, eran as únicas permitidas pola Real Academia de Belas Artes da Nosa Señora do Rosario.
A distribución en planta é a que adoitaba facerse: na fachada un gabinete e unha sala; na parte traseira a cociña e o comedor que ventilan a un gran patio e no centro varios dormitorios.


Bibliografía:
Esteban Fernández. A Coruña, guía de arquitectura. A Coruña, COAG, 1998.
Xosé L. Martínez e Xan Casabella. Catálogo de arquitectura. A Coruña 1890-1940. A Coruña, COAG, 1989.
Xosé A. Martínez,”A Coruña”. En A Coruña. Madrid, Ed. Mediterráneo, 1997. ISBN 84-7156-329-0, pp. 9-34

Fotos: INICIARTE.

19/7/11

O Descendemento de Caravaggio no Prado


Foi o iniciador do tenebrismo e ninguén como el ata entón xogara coas luces e as sombras dunha forma tan maxistral. Michelangelo Merisi, Caravaggio (Milán, 1571-Porto Ercole, 1610). Con todo, o seu antiacademicismo, tan feroz como unha vida curta en tempo (31 anos) e chea de desmesura (escándalos, pelexas e asasinato incluído) non evitou que entre os seus protectores atopásense nobres e xefes da Igrexa católica capaces de valorar a súa arte aínda que os seus santos fosen, en realidade, xentes atopadas nas malas rúas que tanto lle gustaban ao artista.
Unha das súas obras mestras, Descendimiento da cruz, poderase contemplar no museo do Prado desde mañá e ata o 18 de setembro dentro dun percorrido expositivo organizado ao redor da figura de Cristo con 14 obras do museo. Caravaggio está moi pouco representado nas coleccións españolas. O Prado só posúe unha obra: David contra Goliat, un lenzo no que o artista se autorretrata na cabeza do xigante. O veciño museo Thyssen posúe unha, a impoñente Santa Catalina.
O Descendimiento da cruz, considerada unha das obras mestras de Caravaggio polo seu innovador xeito de entender a iconografía relixiosa, foi encargada por Girolamo Vittrice para a capela de familia en Santa María en Vallicella (Igrexa Nova) en Roma. Forma parte dos museos vaticanos desde 1817. Caravaggio pinta unha persoal versión do Descendimiento. Na súa versión, Cristo non está baixando á sepultura, senón que está sendo colocado sobre a pedra da unción no medio dos berros desgarrados da Virxe, María Magdalena, Juan, Nicodemo e María de Cleofa.
Texto e foto vía El País.
Por un comentario anónimo tamén sabemos da existencia dun san Xerome de Caravaggio en Montserrat.

12/7/11

Antonio López e a arte


Hai case vinte anos visitei a primeira gran retrospectiva en España de Antonio López (a de Albacete no 1989 non a coñecín). Este verán pódese contemplar no Thyssen outra magna exposición. Con este gallo a revista Descubir el arte nos ofrece un especial sobre o pintor manchego cunha moi interesante entrevista. Na introdución desta publicación podemos ler:

Nin surrealista, nin realista, nin tampouco hiperrealista, o que o artista manchego ansía é apresar a esencia representada en cada ser, o misterio que emana do seu simplicidad espida. Con ocasión do 50 aniversario da súa primeira exposición, en xuño 1961, o Museo Thyssen-Bornemisza de Madrid réndese á magnética forza da súa creatividade.


Na páxina web do Thyssen-Bornemisza, onde se celebra a exposición entro o 28 de xuño e o 25 de setembro, lemos:

A última retrospectiva da obra de Antonio López tivo lugar en 1993. Nas dúas décadas transcorridas desde entón, o artista seguiu evolucionando e produciu algunhas das súas mellores obras mestras. O propósito desta exposición é mostrar ao público esa produción recente e a partir dela reinterpretar a carreira anterior do artista. A primeira parte da exposición explora os grandes temas da creación de Antonio López nas últimas décadas, sinalando á vez a continuidade e o contraste coa etapa anterior a 1990. Eses temas redúcense esencialmente a tres: a cidade, a árbore e a figura humana, en correspondencia con tres medios artísticos fundamentais: a pintura, o debuxo e a escultura. A segunda parte da exposición vén ser unha mirada retrospectiva cara á carreira de Antonio López, presentando a súa evolución desde as súas orixes ata a súa primeira madurez. O acento descansa na figura humana, que noutro tempo dominou a pintura do noso artista.


Pero teño especial interese en traducir parte desa entrevista onde a pintor dalle significación á verba “ARTE”:

Pregunta.- Antonio, a arte volveuse elitista e individual? A arte que necesita códigos para ser entendido, é arte?

Resposta.-Hai arte que quere ser elitista como hai quen quere ser elegante, pero non é o que eu amo. A arte con maiúsculas non é elitista, non o é Giacometti, nin Rothko nin Paul Klee, pero é unha linguaxe que se entende mellor cando se coñece. E cando a partir do impresionismo nace a vontade dunha arte individualizada, ponllo máis dificil ao pouco coñecedor. Velázquez é igual de difícil que Rothko, pero traballa cunha linguaxe máis inteligible. E isto, o home non o desexou senón que acabou sendo así e o premio é que no século XX atópasche cunha arte occidental con facetas infinitas, algo novo e absolutamente marabilloso: a diversidade involutaria, porque o ser humano é infinito. A arte segue sendo un camiño que busca o coñecemento para expresarse mellor, aínda que a súa comprensión é hoxe máis difícil precisamente porque a súa linguaxe hase decodificado. A arte tiña unha función didáctica pero desde o impresionismo buscou aspectos máis misteriosos, que ten que ver sobre todo co sentimento.

7/7/11

Desaparece o Códice Calixtino

Leo no Xornal o seguinte:

"O Códice Calixtino da Catedral de Santiago de Compostela atópase en paradoiro descoñecido desde o martes, segundo confirmaron a Europa Press fontes da Policía Nacional.

Trátase dun dos libros históricos máis importantes do mundo e constitúe unha especie de guía para os peregrinos que seguían o Camiño de Santiago na súa viaxe á cidade, con consellos, descricións da ruta, das obras de arte así como dos costumes locais das xentes que vivían ao longo do Camiño.

Segundo informou El Correo Gallego na súa edición dixital, ás oito e media da tarde do martes foi cando os responsables do Arquivo da Catedral se decataron de que o documento non estaba no seu sitio habitual e, tras horas de procura, avisaron á Policía que inmediatamente acudiu á basílica compostelá.

Barállase a posibilidade de que a desaparición fose consecuencia dun roubo xa que o Códice Calixtino, que está composto por cinco libros e dous apéndices, ten un valor incalculable.

Segundo o diario santiagués sospéitase que pode tratarse dunha banda organizada que, mesmo, podería actuar por encargo dalgún coleccionista".

INICIARTE xa vos ten falado desta fundamental obra pero se a queredes coñecer un pouco máis, recoméndovos a seguinte ligazón ou ben ler o Libro V.