1/10/10

O Erecteion, exemplo de arquitectura xónica


O Erecteion (421.406 a.c.) é un pequeno templo de estilo xónico que estaba dedicado a moitas deidades subterráneas da tradición ateniense. Álzase sobre os cimentos dun antigo templo destruído. O seu autor máis probable foi Mnesicles, deseñador dos Propileos da Acrópole. Foi a última gran obra realizada no recinto sagrado de Atenas e constitúe o máximo exponente do estilo xónico ateniense .

Á magnificencia, imponencia e masculinidad do dórico Partenón, contraponse a graza elegante ática e feminina do Erecteion.

O arquitecto conseguiu atopar as solucións a difíciles problemas como a gran desigualdade do nivel do terreo e a afluencia de deuses e heroes que habían de adorarse na construción porque o Erecteion non é un templo corrente, dedicado ao culto dun deus. Era, pola contra, o lugar máis sacro da Acrópole, un templo de moitos deuses e heroes, así como tomba de reis-heroes da prehistoria de Atenas.

Neste santuario adorouse á Nai Terra e a Hefestos, Atenea e Poseidón. Alí foi enterrado Erecteo, quen conquistou Eleusis, introduciu a civilización no Ática e máis tarde foi identificado como Poseidon. A este representárono como unha serpe na parte inferior do templo, remarcando, así, que era un heroe nativo do Stica. Tamén se atopaba a estatua sacra de madeira de Atenea e alí viviu sempre a serpe gardiá do lugar. Ao seu lado estaba a tumba de Cécrope e o santuario dedicado á súa filla, Pandroso, ama de cría de Erecteo.

O levantar este templo estaba nos plans de Pericles, pero a súa construción empezou logo da paz de Nicias, no 421 a.c., interrompéndose durante a expedición a Sicilia, para terminarse no 406 a.c., co arquitecto Filocles.


Non coñecemos con exactitude como era a configuración deste edificio rectangular, con tantas particularidades e tantos segredos, porque moitas partes foron destruídas cando se converteu en templo cristián no século VII. Pero sabemos que o pórtico este, coas esveltas seis columnas xónicas de 6,80 metros, conducía ao templo de Atenea. Sobre o arquitrabe de tres platabandas había un friso do que descoñecemos o seu contido escultórico.


Dentro da naves de mármore atopábase a estatua arcaica da deusa, de madeira de oliveira, que era a súa árbore sacra. Os atenienses crían que non fora tallada por mans humanas senón que viñera do ceo para honrar a cidade de Cécrope. Esta estatua era a que vestían durante a cerimonia das Panateneas co veo que teceran as mozas aréforas. Diante da deusa ardía a inextinguible Lucerna de ouro que necesitaba aceite só unha vez ao ano e cuxo fume saía dunha palmeira de bronce. Era obra do escultor Calímaco.

A naos do templo de Atenea non se comunicaba coa parte occidental do edificio que estaba dedicado a Poseidón-Erecteo. A el chegábase a través dun magnífico pórtico xónico que había no lado norte do Erecteo. Esta parte estaba tres metros máis abaixo que o templo de Atenea porque seguía a inclinación natural do terreo e estaba dividida en dous partes. Na parte oriental adorábase a Poseidón-Erecteo e había altares en honra a Hefestos e ao heroe Butes, mentres que debaixo había unha cripta cuxo destino non estaba claro. Quizá vivise alí a serpe gardiá do lugar á que levaban ofrendas cada mes.

A parte occidental chamábase prostomiaio porque era a cámara antes do stomio da cisterna que se atopaba na esquina suroeste e que debemos identificar co Mar de Erecteo, é dicir, a auga lixeiramente salgada que segundo os mitos atenienses brotou co golpe do tridente de Poseidón. Pausanias dixo que se oía o son das ondas cada vez que sopraba o vento do norte.

Pero o máis admirable do exterior é o pórtico norte, composto por 4 columnas na fachada e dúas nos lados. A fermosura das esculturas que o adornan non ten límites. Cos capiteis xónicos, máis ricamente decorados do habitual, o tellado co artesonado e sobre todo o impoñente dintel da porta cheo de rosetas e palmas, que na antigüidade estaban pintados e cheos de adornos metálicos dourados, a zona norte do Erecteion constitúe a parte máis brillante da arte ático, que estaba no seu apoxeo a finais do século V a.c. No teito hai un buraco que non pecharon nunca porque pensaron que se produciu por raio que lanzara Zeus, e segundo outros, polo tridente de Poseidón, cando loito alí con Atenea. Tamén había no chan un oco, onde se distinguían tres buracos, como pegadas do tridente na roca.


Segundo conta a lenda Zeus buscando o mellor deus para os habitantes do Ática, propuxo unha confrontación entre dúas dos seus mellores deuses: Poseidón, o deus do mar e das augas, e a fermosa Atenea. Poseidón cravou o seu tridente nunha roca para que dela brotase auga lixeiramente salgada. Atenea, pola súa banda, plantou á beira da fonte unha oliveira que non se secaba a pesar da auga salgada. O tribunal dos deuses declarou vencedora á deusa e outorgou o seu nome á polis, “Atenas”

Á dereita do pórtico había unha porta que conducía ao Pandroseion, é dicir, ao templo da ninfa Pandroso, onde Pas ofreceu o seu gran agasallo á cidade: a oliveira.
A creación arquitectónica máis orixinal do Erecteo é o pórtico das Koré, que se atopa no lado sur, enfronte ao Partenón. Son famosas as Cariátides, un nome que predominou na época romana e posteriormente, quizais porque lles recordaban aos antigos a fermosura das raparigas da cidade de Carie, en Laconia que realizaban bailes rituais en honra a Artemis.


A pesar de todas as transformacións que sufriu o Erecteion a mans dos cristiáns, cando convertérono en igrexa, os francos, que o usaro como palacio, e o xefe da garda turca, que instalou nel a súa harem, o edifico mantívose en relativo bo estado ata 1827, cando unha gran parte foi destruída polos bombardeos durante a guerra de independencia grega. Pero de todo isto xa vos ten falado
INICIARTE.
Entrada dedicada á familia López-Fernández, os meus ollos na Acrópole.
Fotos: de Pepe L. C. para INICIARTE.

3 comentarios:

PACO HIDALGO dijo...

Buena entrada sobre este extraño y complejo templo, del que todo el mundo conoce el Pórtico de las Cariátides. Espero que hayas tenido un buen comienzo de curso. Saludos.

Antonio Martínez dijo...

Gracias Paco. El inicio del curso en Hª del Arte ha sido esperanzador: grupo de alumnos con "pinta" de interesados. Espero que tu comienzo haya sido tan esperanzador como el mío.

Sarinsky dijo...

Fantástica entrada!! Volvemos a los orígenes (me vendrán bien ya que este año tengo arte griego y romano como optativas de especialidad).

Me alegra saber que tienes gente que parece interesarse por este mundo.

Yo empiezo todavia este lunes jeje

Besos