31/5/10

Carthago Nova


Hai unha persoa que ven aparecendo cunha certa regularidade en INICIARTE. As súas achegas son sempre fotográficas e documentais. Nesta ocasión, a miña gabachiña preferida, agasalloume co magnífico dvd “Carthago Nova. Restos arqueológicos del esplendor de una era” editado nesta ano 2010.

O documental percorre os principais xacementos romanos de Cartaxena descubrindo alguhnas das construcións máis senlleiras desta cidade. Ademais amosa una combinación de imaxes reais con reconstrucións entre 3D.

Fundada polos cartaxineses como o seu principal enclave na Península Ibérica e tras a súa conquista por Publio Cornelio Escipión 'O Africano' no ano 209 a.C., Carthago Nova chegou a converterse nunha das cidades máis importantes do Imperio Romano.

Non deberes deixar de visitar a páxina de Carthago Nova onde poderedes atopar algunas das reconstrucións ofrecidades neste dvd.

Moitas grazas, Sandra.

29/5/10

Igrexa de Santa María das Neves


Hai uns días mentres recibía toda unha lección da arte culinaria sobre a lamprea, etnografía e festas populares das Neves e da parroquia de Vide (grazas Sabela) puiden contemplar o exterior da igrexa de Santa María no concello pontevedrés de As Neves.

Esta pequena igrexa parroquial foi proxectada polo arquitecto cántabro Melchor de Velasco Agüero e din que foi levantada polo mestre canteiro Amaro do Campo que era concello de CotoBade. O arquitecto foi unha figura moi salientable da arquitectura renacentista de Galicia do século XVII, xa que fará importantes obras no mosteiro de san Paio de Antealtares, na capela do Santo Cristo de Burgos, na igrexa do colexio de orfas ou nos claustros de Belvís e san Martiño Pinario de Santiago. Tamén traballou na igrexa dos benedictinos de Celanova e máis en varias obras de Padrón. Esta igrexa de santa María das Neves e de finais do século XVII.

A súa fachada é dun clasicismo serodio xa que consta dunha porta con arco de medio punto. Está enmarcada por sendas piastras sobre as que se asenta un pequeno texaroz para dar soporte á Virxe, quen está franqueada a cada lado por uns escudos nobiliarios. Culmínase a fachada cun curioso tímpano, nada regular, con óculo central e torre sobre o lado esquerdo. Esta torre-campanario, tamén con arcos de medio punto peraltados, ten p
or remate unha pirámide escalonada e catro canos para a auga e que temos que relacuonar, evidentemente, coas existentes no claustro catedralicio de Santiago.. Debido á potencia da torre a fachada non é simétrica.

É de planta de cruz latina con pequena capelas laterais. Está cuberta con bóveda. Ten un retablo interesante, segundo me contan, na capela maior sende doe tres rúas e con inturas de santo Francisco, a Asunción da Virxe e santo Antonio de Padua, a Anunciación e no centro o bautismo de Cristo.

Na lateral sur destaca un relo de sol mentres que no lado norte chama a atención a inscrición dedicada a “Ausente” e aos caídos por “Deus e pola Patria” do concello. Xa saberedes quen é o “Ausente” e a que deus e a patria me refiro. Ata cando teremos que soportar o nacionalcatolicismo?

Peculiar é o exterior da cabaceira que consta de tres xanelas a distintas alturas e tres molduras de entallamento.


26/5/10

Partenón: remantan as obras


A primeira restauración da parte frontal setentrional produciuse a principios do século XX e agora logrouse duplicar a superficie restaurada.

Tras nove anos de obras para a conservación do templo do Partenón da Acrópole de Atenas, de 2.500 anos de vida, os turistas poderán admirar agora un dos símbolos da civilización occidental sen estadas.

O programa de restauración do monumento universal, financiado en parte pola Unión Europea, inclúe obras nos templos do Partenón, e Nikea Atenea, os Propileos no muro da Acrópole, a conservación das estatuas, e o reconto e a investigación dos restos arqueolóxicos esparexidos ao redor da Acrópole.

Coas obras concluídas no Partenón pódense apreciar oito columnas reconstruídas e a parte superior sobre elas, das que se retirou o cemento e o ferro con que se lles inxectou e apontoado en previas obras de preservación.

En pártea norte do templo foron substituídas seis segmentos de mármore esculpido por copias. As orixinais, que deseñou o famoso arquitecto da antigüidade Fidias, atópanse no contiguo Novo Museo da Acrópole, inaugurado hai un ano.

Os danos no costado setentrional do templo foron causados por unha explosión durante o ataque contra o histórico lugar en 1687 polos venecianos, baixo o mando de Francesco Morosini.

A primeira restauración da parte frontal setentrional acometeuse a principios do século XX e agora logrouse duplicar a superficie restaurada.

Con estas obras na Acrópole de Atenas restauráronse 1094 pezas, cun peso de 2.675 toneladas e reconstruíronse 686 pedras da base.


Texto da axencia EFE vía A Voz de Galicia. Foto vía El tiralineas.

25/5/10

Os xirasois de Vicente Van Gogh


Doce xirasois nun floreiro
Vincent Van Gogh

1888 . Bayerisches Nationalmuseum (Munich), 91 x 72 cm. Óleo sobre lenzo

Hai uns días atrás puiden coñecer a Escola Unitaria de Vide nas Neves. Ademais, xunto cunhas amigas, fomos agasallados cunha actuación das Pandareteiras de Vide: ESPECTACULAR. Se xa tiña admiración polo traballo da súa mestra, Sabela, fiquei impresionado pola fermosura do lugar, o traballos dos rapaces e das rapaces e da profesionalidade da amiga. Todos os anos sementan pipas para ver como medran os xirasois de Van Vangoh. Tratarei, pois, de contarlle a estes nenos e nenas algo máis destes xirasois.

O noso amigo Vicente (mellor lle chamaremos así e non Vicente, vale?) que como sabedes non vendía ningún cadro, tiña moita ilusión por ter un lugar con moita luz e sol onde traballar con outros artistas. Mais non tiña moitos amigos e só un pintor, que logo sería moi famoso, Paúl Gauguin consentiu en desprazarse ata Arles, no sur da Francia, para traballar en comunidade co noso Vicente. E dígovos que “consentiu” porque tan só foi ata alá cando o irmán de Vicente, Teo deulle unha boa cantidade de cartos. Este Paúl, ten fama de mintireiro e interesado, mesmo é propable que fora el que lle cortou a orella ao noso amigo Vicente.

A casa onde ían vivir era amarela e Vicente coñecía que a Paúl encantábanlle os xiraois (eu teño unha amiga, que tan estivo na vosa escola á que lle encantan as papoulas). Deste xeito, e para que foran un agasallo, Vicente comezou pintar os xirasois. Pintou tres cadros semellantes con quince xirasois nun floreiro, dous cunha ducia de xirasois. Hoxe están todos en museos moi importantes. Case todos os pintou en agosto de 1888 e teñen un tamaño moi pequeno, de 93 x 72 centímetros.

Nos anos nos que o noso amigo Vicente pinta, as cousas non teñen xa unha cor determinada senon que, din os artistas, dependen da cantidade de luz que reciban. Neste caso Van Gogh emprega moito o amarelo, os laranxas, ocres e marróns pero tamén, fixádevos, usa o verde e o azul nas contornas buscando un contraste lumínico. Pinta sobre a tea cunhas pinceladas fortes, case agresivas (hai quen cre que as formas das súas pinceladas dependían do seu estado de ánimo), en pequenos toques.

Fixádevos agora no floreiro. Veredes que ten a súa forma delimitada por unha liña escura. Mais esa liña en realidade non existía no floreiro. Por que a pintaría? Uns anos antes que o noso amigo Vicente marchara para Francia, outros pintores e pintoras (había unha artistas extraordinarias) decatáronse que en toda a historia da pintura sempre se marcan as formas dos obxectos ou das persoas con liñas que, en realidade, non existían e, polo tanto, decidiron non pintalas. Este pintores foron os Impresionistas. Pero logo, algúns dos seus continuadores, os Post-impresionistas, decidiron remarcar moito as formas e as cores. Este é o caso de Cézanne ou do noso amigo Vicente.

Hai vinte anos, un cadro moi semellante a este foi vendido, a unha aseguradora xaponesa, por 30 millóns de euros. Naquel momento foi o cadro máis caro de toda a historia. Fixádevos o que lle pasou a Vicente: na súa vida só vendeu un cadro e, agora que está morto, as súas obras teñen un prezos altísimos.

E para rematar deixovos un vídeo que xa puxera hai algún tempo, agardando que atopedes as nosas flores preferidas
.



Saúdos artísticos

23/5/10

Arquitectura na Coruña: a Torre Costa Rica



J. A. Franco Taboada. Torre Costa Rica. 1973-1975


Esta é a edificación habitada máis alta da Coruña. 106 seis metros sobre a rasante da rúa, 24 andares con tres vivenda por planta, unha planta baixa e dous sotos para garaxe. Fois feita mediante unha cooperativa nun solar que estivera ocupado pola fábrica de madeiras de Molezón.


A zona na que está ubicada presenta unha das densidades ocupadas maiores do Estado xa que teríamos que engadir o edificio Trébol e a Cooperativa Alférez provisional.


En realidade teríamos que falar de dous edificios moi distintos. Por unha banda un bloque de cinco alturas que delimita a parcela e que crea unha pequena praza interior, e outro, a torre de 24 andares. A pesares da súa altura e coa distribución comentada, non foi edificada todo o que permitía o plan de urbanismo de finais dos sesenta, ese plan que fixo auténticas barbaridades na Agra do Orzán.


A Torre Costa Rica tiña que facer fronte a dous grandes retos: o forte vento constante na cidade e acadar iluminación para todas as vivendas. A solución foi “unha superestrutura de formigón aramado de 10 tramos, con xácenas de 11 metros de luz, cun primeiro tramo reticular mentres que os oito seguintes recollen as cargas xeneradas por unhas pequenas subestruturas dos tres pisos e as transmiten aos grandes piares exteriores, o que orixina que os andares múltiplo de tres sexan totalmente diáfanos. O tramo de remate posúe dobre altura.


A forma da planta, ademais de cumprir unha misión rixidizadora, permite optimizar a disposición das instalacións por columnas. A fachada realízase con pezas de formigón Branco prefabricado bastante retiradas do plano de xanelas, a fin de diminuír o risco de vértixe


No ultimo andar a RTVG ten ubicada unha webcam sobre a cidade.


Máis información sobre esta obra na páxina web do propio arquitecto.


Cita de Esteban Fernández Cohibían.Guía de arquitectura. A Coruña. COAG, páx. 340



21/5/10

A nosa lingua, a nosa patria

Visitando exposicións: Fotografía e Poesía no NH Atlántico

O compañeiro e amigo François Davo vén de inaugurar a seguinte exposición:


Exposición “Encontro en Puruchuco”. Poemas de François Davo e fotografías de Gustavo García Roig.
Hotel NH Atlántico. A Coruña. Do 14 de maio ao 30 de xuño de 2010.



Encontro en Puruchuco é unha enriquecedora experiencia creativa realizada polo poeta François Davo e o fotógrafo Gustavo García Roig. Unha serie de imaxes e poemas sobre Puruchuco, antiga cidadela preinca de Perú (século xv), conforman o eixo dese proxecto dando como resultado a linguaxe artística de foto/poesía.

François Davo (Le Mans, Francia, 1966), licenciado en Letras e civilizacións ibéricas pola Universidade da Sorbona, reside na Coruña desde o ano 2000. É profesor de francés no IES Afonso X o sabio de Cambre. Como poeta gañou no ano 1993 o XIII premio Esquío de poesía. Inicialmente poeta en lingua francesa, a súa lingua materna, tamén experimenta desde a súa residencia en Galicia a escrita dunha obra directamente en galego. É traductor de poetas galegos ao francés (Miguel Anxo Fernán Vello, Manuel María, Uxío Novoneyra, Ánxeles Penas, Xosé Luis Méndez Ferrín, etc.). Tamén é traductor, man con man con Dulce Fernández Graña, de obras francesas ao galego, entre as que destaca As palabras de Jean-Paul Sartre (Laiovento 1999, reeditado na colección Biblioteca 100, La Voz de Galicia, 2003).

“Encontro en Puruchuco” é o primeiro proxecto en común con Gustavo García Roig, con quen ten en preparación algunha que outra exposición a cargo da Alliance française de Vigo e Madrid e o libro Le monde habité sobre o dolmen de Axeitos.

Gustavo García Roig, fotógrafo afincado na Coruña desde o ano 2001. Posue unha amplia experiencia en reportaxes non convencionais e traballos desde un enfoque máxico/antropolóxico relacionados co mundo andino. Expuxou en Bos Aires, Lima, Madrid, Valencia e Galicia. Nas súas últimas exposicións aprofundou nos vestixios das civilizacións prehistóricas de Galicia onde os dolmens seguen a vivir o seu ritual de veneración.

Magnífica exposición que non debedes perder. Parabéns François.

Da inauguración da exposición deuse conta na prensa local.

Créditos da fotografía.

19/5/10

Os arqueólogos de Xi´an Premio Príncipe de Asturias

O equipo arqueolóxico dos Guerreiros e Cabalos de Terracota do Mausoleo de Qinshihuang en Xi’an foi galardonado co Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociales 2010, según hfixo público hoxe en Oviedo o Xurado encargado da súa concesión.

Considerado un dos descubrimentos arqueolóxicos máis importantes do século XX, o xacemento dos guerreiros de terracota, tambén coñecidos como Guerreiros de Xi’an, é unha fonte de información de extraordinaria riqueza sobre a civilización china.

Toda a información do Premio nesta ligazón da Fundación.


18/5/10

17 de Maio: 100% galegos/as

Onte foi o Día das Letras Galegas e non fun á grande manifestación de Santiago. Estiven participando no acto oganizado polos amigos de A Libreira (Cambre). Fronte aos ataques da Xunta só resta dicir que... 100%, como ben graficamente conta Xosé Lois na ilustración publicada o pasado 10 de maio na Rexión.

17/5/10

Xogando con Flickr: a Vila Saboia

Como teño un amigo que andaba preocupando ao ver que ultimamente no actualizo moito o blog, vou xogar hoxe cunha ferramenta de Flickr. Mirade o resultado da etiqueta "Vila Saboia" en fotografías. Hai un pouco de todo.


Created with Admarket's flickrSLiDR.

1/5/10

1º de Maio: Os cepilladores do parqué


Gustave Caillebotte, Os cepilladores do parqué
1875, 102 X 146,5 cm Museo d´Orsay

Gustave Caillebotte foise unindo ao grupo de pintores impresionistas a comezos da década de 1870.
Sería Monet quen marcou os seus inicios como pintor impresionista aínda que sempre predominou o seu autodidactismo ata que se matriculou, para estudar arte, na Escola de Belas Artes. Un trazo característico, fronte ao grupo inicial masculino do Impresionismo, era a súa boa situación económica, o que lle permitía adquirir cadros das súas amizades e así axudarlles. Todas as súas compras artísticas acabaríaas doando ao Estado Francés coa condición de que fosen expostas ao público. Tras a morte de Caillebotte en 1894, o seu albacea, Renoir, tivo grandes dificultades para que a autoridades parisienses aceptasen a doazón por non considerar apropiada a exposición desta colección impresionista. Finalmente Renoir só conseguiu doar unha parte da obras, entre elas atópase “Os cepilladores do parqué”.

Esta obra pode ser enmarcada dentro dun conxunto impresionista dedicada ao mundo do traballo. Recordemos Os cargadores de carbón de Monet (1875), As planchadoras de Degas (1884), As limpadoras de Signac (1885-86) ou A lavadora de vaixela de Pissarro (1882). En todos os casos son representacións urbanas fronte ás campesiñas da Escola de Barbizon.

Sen dúbida este tema tivo que ser motivo de sorpresa para os coetáneos do noso autor, pensemos que Gustave proviña dunha familia burguesa e que a representación duns sinxelos traballadores cepillando o chan de madeira dunha habitación era un tema moi alleo ao mundo da pintura e máis aínda se esta é de grandes dimensións. Probablemente por este motivo o xurado do Salón rexeitou a obra que acabaría sendo exposta na exposición impresionista de 1876.

Son tres traballadores axeonllados, co torso espido sobre o parqué dunha habitación vacia. Predominan os tons beigue, marrón e negro que vense acentuados polos fortes contrastes lumícos ocasionados pola luz que penetra pola fiestra. É unha pintura do mundo proletario urbano axeitada, creo, para celebrar artisticamente este Primeiro de Maio.

A hemeroteca do día

Sábado, 1 de maio de 2010

Inaugurada a Expo Universal de Shanghai.

Restaurada a fachada de Santa María do Mar.

O estudo de Chema Madoz.

Muñoz Molina sobre Cartier-Bresson.

Esculturas de Roig en Bruxelas.


O Gargallo menos coñecido expón en Santander.

Continúa a polémica sobre o mural de Lugrís.


Dalí reintrepretado desde a India.

A Tate Modern cumpre unha década.


Ilustración: recreación da futura Tate Modern.