11/1/10

O castelo de Gormaz (Soria): fortaleza hispanomusulmana


Elevada sobre o páramo soriano, xurde… o impresionante castelo hispanomusulmán de Gormaz.
A fortaleza foi mandada construír a mediados do século X por orde do xeneral Galib en tempos do califa Al-Haquem II sobre os restos dun anterior castelo cristián ou árabe. É Monumento Nacional desde 1931. É unha auténtica fortaleza na fronteira medieval do Douro, ademais este castelo califal de Gormaz, é o máis grande de Europa na súa clase.
Está situado sobre un cerro cretácico de planta alongada que pode verse desde moitos quilómetros de distancia na chaira soriana. Foi orixe e bastión de numerosas razias ou ataques das tropas musulmás sobre as terras cristiás do norte do Douro.

A fortaleza, conta con dúas zonas diferenciadas e separadas por un foso, hoxe cuberto: o alcázar e o recinto amurallado. No alcázar atoparemos a torre de Almanzor do século X ,sala de armas e a Torre da Homenaxe con aparello califal e ménsulas califales reutilizadas, e que fai de porta de entrada ao alcázar, unha poterna califal cara ao norte e os restos dun alxibe. En total son sete as torres que hai nesta parte da fortaleza. O recinto murallado ten uns 1200 metros de perímetro, 446 de longo e 60 de ancho, con lenzos de 10 metros de altura.

Conta con varias poternas cara ao norte, e a fabulosa porta califal con alfiz ou arrabá nun corpo formado por dúas torres unidas, e cun segundo arco interior e as dúas portas do S. XIV coas súas marcas de canteiros. O recinto termina en forma de punta seguindo o contorno do cerro, e na torre trapezoidal que forma o espolón de poñente, pola parte exterior. En total conta con 26 torres, xeralmente rectangulares, realizadas en sillares a soga e tizón a bandas de tizóns, sendo as da muralla macizas ata o primeiro piso.

No 975 o conde Garci Fernández, aliado con Sancho de Pamplona e Ramiro III de León, é incapaz de tomar o castelo tras un longo asedio e sofre unha humillante derrota ao ser atacado polo exército de Galib que chegou ao rescate. Entre 978 e 981 consegue apoderarse de Gormaz, que volverá recuperar Almanzor en 983. Houbo que esperar ata 1060 para que fose recuperada polos cristiáns como consecuencia da expedición de Fernando I, esta vez de forma definitiva. O mercenario Rodrigo Díaz de Vivar, O Cid, recibe a vila de Gormaz en 1087.

Podedes facer unha visita virtual ou ver a fortaleza en 360 graos.
Texto adaptado de Castillos de Soria.



2 comentarios:

PACO HIDALGO dijo...

No lo conocía y la verdad es qu me ha impresionado esta entrada. Me encanta el arte medieval y conozco muchos castillos en Andalucía y Extremadura, pero este es muy, muy interesante. Te agradezco que difundas las grandezas de nuestro país. Un abrazo. Paco

Antonio Martínez dijo...

Paco: es una fortaleza impresionante. Cuando tengas oportunidad, visítala.