23/9/09

Leopoldo Nóvoa, a súa maior retrospectiva

A galería SCQ inaugura unha mostra que percorre a produción do artista galego desde o ano 1985

A galería compostelá SCQ acolle desde onte, e ata o 23 de outubro, unha exposición composta por unha selección de obras que fan un percorrido pola produción do artista galego Leopoldo Nóvoa desde o ano 1985 ata agora. O artista, con 90 anos de idade, participou onte na inauguración desta retrospectiva á que acudiu acompañado da súa filla.

As pinturas que se poden contemplar son representativas do quefacer artístico do pintor que segue creando entre París e Armenteira, as súas dúas residencias. O seu constante estudo da luz, o espazo e a materia están presentes nas pezas que expón na galería SCQ, pezas nas que aparece codificada a súa iconografía reforzada polo vocabulario persoal, á vez descritivo, dos seus títulos.

Esta última obra de Nóvoa reflicte a súa linguaxe iconográfico propio baseado en formas xeométricas orgánicas (cadros, triángulos...), formas primitivas como cromlechs e nichos, e outros elementos como pinchotes , e cordas. Todo iso ao mesmo tempo que establece un vocabulario persoal que usa nos títulos das súas obras (cuadrángulo, dominante vertical, dominante horizontal...).

Leopoldo Nóvoa comezou a súa traxectoria artística ligada á pintura figurativa na liña de Laxeiro e Seoane ata finais dos cincuenta. Pero o encargo Cerro en Montevideo (1962-65) marcará un punto de inflexión na súa obra. A partir da realización do trasladou á tea o seu traballo como muralista. Como el recoñece, «tras a realización dun importante que iniciei en 1962 comecei a sacar elementos ata quedarme exclusivamente co espazo e a luz». A partir de aí traballa con superficies monocromas e xogos de tensións.

Nóvoa, nacido en 1919 en Salcedo (Pontevedra), viviu moitos anos en Uruguai e nesta permanencia en Montevideo foi importante referencia do ambiente cultural uruguaio onde estableceu amizade con varios dos seus protagonistas, como os escritores Onetti e Cortázar.

Debido á súa experiencia na plasmación do Cerro, e aos seus coñecementos na elaboración da cerámica, a materia converteuse para el nun elemento esencial de traballo. «A materia -di- é a que nos dá os aspectos para a reflexión». O artista usa tamén a cinza en moitos dos seus últimos cadros, cinza que ten clasificada en caixas e usa para pegar sobre a arpillera de moitos cadros. Nóvoa confesa que este uso da cinza é consecuencia do trauma que lle quedou en 1979 tras o incendio que queimou o seu taller parisiense da Rue de Faubourg de Saint Antoine e que destruíu toda a enorme obra que tiña almacenada.

Tras o incendio a materia foi gañando valor por si mesma, e foi utilizada como tal chegando a converterse en pigmento. Este uso da materia terá dúas consecuencias sobre a súa obra: por unha banda levaralle a reducir a paleta de cores a grises, vermellos e brancos; e por outro, daralle a oportunidade de xogar con diferentes texturas apelando a unha sensación táctil da visión.

Texto e foto vía La Voz de Galicia.

No hay comentarios: