17/9/09

A Acrópole ateniense despois da Grecia Clásica (I): O Partenón

Iniciamos hoxe unha serie de cinco entradas sobre o recorrido histórico de distintas pezas arquitectónicas da Acrópole ateniense. Esta viaxe poderá levarnos a situacións sorprendentes: o que vemos hoxe nese recinto grego é realmente da época clásica?

Non podemos afirmar con exactitude cando o Partenón deixou de ter a súa función orixinal. O que si sabemos é moito da súa evolución posterior.

No século VI xa foi empregado como igrexa cristiá adicada á Divina Gracia, engadíndoselle unha ábsida no extremo leste, cegando, ademais, a zona de acceso á cella e os intercolumnios da fachada agás un para que funcionara como entrada principal. Mantívose un interior con tres naves engadíndose piastras nos muros perimetrais da sa
la.

Cando a partir de mediados do XV os turcos conquistaron Atenas, convertérono unha mesquita, suprimindo o muro perimetral do templo e edificando un minarete ao carón da ábsida do leste.

Xa no século XVII, e por un debuxos conservados na Biblioteca Nacional de París, sabemos que os frontóns de Fídeas estaban practicamente destrozados: faltaban as figuras centrais dos dous conxuntos (o nacemento de Atenea e a súa competición con Poseidón). Tamén é moi coñecida a pasaxe acontecida neste mesmo século cando os turcos converteron o Partenón nun almacén de pólvora e o sueco Koenigsmark en 1687 ordenou ás tropas venecianas bombardear a edificación con que o Partenón quedou partido en dúas metades.

Teríamos que lembrar tamén, recordade que xa o fixo Iniciarte, as visicitudes dos coñecidos como os “mármores de Lord Elgin”: 56 paneis do friso das Panateneas, 15 metopas e partes dos frontóns.

Baixo a dire
cción do enxeñeiro Nikolas Bálanos, entre 1894 e 1941, puxéronse en pe as columnas as columnas do peristilo do norte e sur e o entaboamento perdido empregando formigón. Debemos lembrar, agora, a famosa Carta de Atenas de 1931 que marcaría os traballos de restauración e reconstrución durante moitos anos. Así permitiuse o emprego de grapas de ferro para facilitar a estabilidades dos tambores das columnas pero que co paso do tempo os mancharía de óxido e os agrietaría, e tamén foi admitido o formigón para os perpiaños pero que acabaríase agrietándose.

A finais do século pasado, concretamente en 1981 un terremoto obrigou de novo a intervir na edificación, reconstruíndose o mura da cela co aproveitamento de moitos perpiaños atopados in situ ademais doutros de nova talla.

As campañas de reconstrución restauración continúan ata os nosos dias.

Créditos das imaxes: O Partenón a principios do XX, estoupido no Partenón en 1687, columna.

1 comentario:

Sarinsky dijo...

¿Como es posible que vayan a restaurar el Partenón cayendo en la falsificación histórica? Si queremos ver la reconstrucción de como era en la grecia clásica, solo tenemos que ir hasta Nashville...

(no sabes como sufría en las clases de Conservación de bienes culturales...y enterarme que la mayoria de los edificios están bajo un reconstrucción del s.XIX)