3/8/09

Visitando exposicións: Richard Rogers



Sempre que visitamos unha exposición temos creadas unhas expectativas sobre a mesma. Poucas veces conseguen sorprendernos e, en bastantes ocasións, defraudannos. Pero nesta oportunidade a exposición que se pode disfrutar no Caixa Forum de Madrid sobre o arquitecto Richard Rogers acontonce todo o contrario. Foi toda unha sorpresa.


Información concisa e clara, multitude de maquetas e fotografías, varios deuvedés. Con todo iso, conseguese explicar a evolución deste arquitecto e dos seus asociados, ademais de amosarnos información sobre as súas formulacións teóricas sobre a arquitectura, os seus materiais (ecolóxicos, lixeiros, transparentes, lexibles) e o urbanismo (aumentar a densidade, crear diversidade, valorar o espazo público, reutilizar o chan, mellorar o transporte), o seu compromiso coa sosteninilidade e a importancia da súa obra social. De feito tal que no folleto de man entrégase o seu "Manifesto" ademais dun pequeno recorrido fotográfico pola súa obra. O título da exposición é "Da casa á cidade". Se tedes oportunidade, non deixedes de visitala.
E... atención, calquera día destos poñerei as fotos que a correspondente de INICIARTE en París, a miña gabachita preferida, fixo para nós sobre o Centro George Pompidou (1971-1977)


Imaxe ”Millennium Dome at dusk”, Greenwich vía Caixa Forum.

1 comentario:

Nes dijo...

Pasei esta finde pola exposición, é certo, moi completa e moi activa. Saúdo