2/8/09

Visitando exposicións: Laxeiro nas coleccións privadas


Días atrás tiven a oportunidade de coñecer a Fundación Laxeiro en Vigo e achegarme á súa exposición "Laxeiro nas coleccións privadas 1942-1970":

"Laxeiro nas coleccións privadas é un primeiro intento de rastrexo dos criterios estéticos dese colectivo de particulares que formaron a semente do que hoxe se pode chamar coleccionismo galego. As obras que se mostran nesta exposición son pezas inéditas ou moi pouco coñecidas que durante anos levan penduradas nas paredes de domicilios particulares sen repercusión pública ningunha. Un catálogo de obras que testamuñan a evolución do gusto do coleccionismo galego no que é inevitable facer unha lectura transversal socioeconómica, estética e mesmo política do imaxinario artístico da nosa Comunidade Autónoma."

Unha boa oprtunidade para comprender mellor a un dos pintores galegos de maior importancia do XX e a súa evolución pictórica en obras de pequeno e mediano formato.


Texto e ilustración vía Fundación Laxeiro.

No hay comentarios: