10/9/18

Dolmen de Pedra da Arca (Cerqueda, Malpica, ACoruña)



Cuberta : 4 metros de lonxitude, 1,80 de anchura, grosor medio de 70 cm.

Chantos: a maior ten 2,50 metros de longo e 1,90 de ancho, e o máis pequeno 1,90 metro de lonxitude e 1 metro de ancho.

Cronoloxía: entre o 3.500 e o 2.700 a.C., é dicir, o período de desenvolvemento máximo da cultura megalítica no noroeste peninsular.

Algunha que outra vez cando paso pola estrada que vai a Malpica, achégome ata esta mámoa. Vina por vez primeira hai xa demasiados anos. Nesta oportunidade fun acompañado por Marta.

Consérvase algo da mámoa( túmulo) que no seu momento cubría o dolmen. No túmulo  aínda pode verse algo da coiraza de pedras que formaban parte da mámoa. 


É un conxunto megalítico dun tamaño apreciable, de cámara poligonal e corredor orientado ao leste.

A salientar que a pedra da cuberta está partida e pódese apreciar o barreno que fixe ese inmellorable traballo.


 Estivo soportada por seis chantos verticais.

Contan as lendas que este conxunto megalítico foi construído, como non, por os mouros, concretamente por unha muller que cargaba coas pedras na cabeza mentres era quen de amantar a un fillo e fiaba.


No hay comentarios: