Os restos históricos da antiga capital da Gallaecia setentrional foron a base para o desenvolvemento da obra.
A reconstrución virtual achega datos da vida diaria de Lucus Augusti e da historia arqueolóxica local.
A reconstrución virtual achega datos da vida diaria de Lucus Augusti e da historia arqueolóxica local.
Co fin de dar a coñecer o rico patrimonio arqueolóxico da cidade de Lugo, o Concello coordinou cientificamente o deuvedé Lvcvs Avgvsti. Lugo Romano , realizado pola firma Tresdeseos. Este produto ofrece información contrastada cientificamente xurdida das escavacións feitas na antiga urbs romana. Textos, fotografías e reconstrucións virtuais axudan a entender, a través dos seus restos, as orixes romanas daquela cidade que foi capital da Gallaecia setentrional.
Este traballo consta de sete capítulos de fácil navegación. Na introdución ofrece unha completa historia das investigacións sobre a cidade romana, coas primeiras noticias dela, cos pioneiros da arqueoloxía local no século XIX, ademais de mostrar a arqueoloxía sobre a cidade romana no século XX e a súa xestión entre 1986 e o 2006, con máis de 300 intervencións.
A historiografía do Lugo romano comezou no século XVI e foi a finais do XX cando a investigación avanzou de modo formidable. Desde 1986 a actividade arqueolóxica converteuse na gran fonte de información sobre a orixe da cidade. O disco contén dous vídeos coa evolución histórica de Lugo ata a invasión sueva, desde aquel campamento militar fundado por Caivs Artistivs Vetivs no século I antes de Cristo para lanzar ataques radiais que permitiron completar a conquista do Noroeste. Outro amplo capítulo mostra a cidade romana, reconstruída virtualmente, cos seus edificios, rede viaria, obras hidráulicas, infraestruturas termais, domésticas, a relixión e a muralla do século IV. A súa artesanía, téxtiles, talleres e o mundo funerario.
Outro apartado analiza o territorio, con enclaves castrexos e poblamiento romano. A análise dos materiais achados, a visita cultural e un amplo apartado de bibliografía, clasificada por temas, fan deste disco unha ferramenta moi didáctica para todo tipo de público que poida emocionarse coa importancia que tivo Lucus.
Texto e ilustracións vía La voz de Galicia.
3 comentarios:
Que chulo este post!! me encantan estas reconstrucciones virtuales.
Antonio, ¿sabes como se pode conseguir o dvd?
Non, Olga, non. Tampouco sei como acadar o da catedral de Santiago.
Publicar un comentario