Número 1, 1950 (Lavander Mist)
Óleo, esmalte e aluminio sobre lenzo, 221 x 300 cm. National Gallery of Art de Washington
"É imposible facer unha falsificación do traballo de Jackson Pollock" proclamou o crítico da revista Time, Robert Hughes en 1982.
Jackson Pollock (1912-1956) tras os seus estudos artísticos iniciais quedou moi influenciado polo realismo social dos muralistas mexicanos, de feito estudou con Siqueiros en Nova York, onde empezaría a pintar con esmalte. Tamén doutros mexicanos como Orozco e Rivera tomaría a obsesión polo gran formato e a intensa expresividade. A finais dos anos 40, creo o método drip and splash (a base do goteo e salpicaduras de pintura). Traballaba sobre a tea estendida no chan e empregaba pau, coitelos e outras ferramentas para derramar a pintura ou manipulala desde calquera ángulo, superpoñendo capas de cores. Tamén introducía outros materiais como area ou vidro, para acadar diferentes texturas. Alternaba traballo frenético, no que semellaba estar poseído por un automatismo psíquico, con semana de calma total ou reflexión ante o seu proceso creativo
Foi o representante mais coñecido da Action Painting (pintura de acción ou xestual)
Para coñecer a súa obra hai que coñecer, tamén, ao artista. Un rebelde empeñado no seu trunfo coa pura abstracción, mais tamén foi un neurótico depresivo, mullereiro e alcólico violento.
Gran parte da fama de Pollock como unha icona cultural do século XX débese a Número 1. Esta obra é unha mistura de grandes trazos con arcos en branco e negro, de goteos e salpicaduras breves e espesos pegotes de esmalte, mesmo acadando a unión entre a acción física e un ton suave e etéreo. ce un lenzo constituído por trazos de limas superpostas sen principio nin fin. Semella un arabesco de complicadas filigranas rachando coa tradicional idea plástica da composición, como tamén racharía coa relación entre o espectador e a obra pictórica.

Esta obra reflicte o que Pollock chamou estilo all-over, así chamado porque enchía toda a superficie do lenzo negando a existencia dun único punto de atención e dunha xerarquía das formas.
O seu amigo Clement Greenberg, suxeriu o título de Lavander Mist (néboa lavanda) porque reflectía a atmosfera tonal do cadro, aínda cando na obra non se empregara a lavanda porque as cores empregadas son branco, azul, amarelo, gris, ocre escuro, rosa e negro.
Máis información sobre Pollock na National Gallery of Art de Washintong.
Créditos da imaxe.
2 comentarios:
Moito me gustan estes repasos que fas no blog ós grandes.
Se non recordo mal había certo paixasismo de reservas indias nalgunhas pinturas da serie, na colocación das cores.
Unha das súas influencias recoñecidas foi precisamente a da cultra dos indios das pradeirías, Nes. Saúdos
Publicar un comentario