30/6/09

Artemisia Gentileschi no Thyssen


O Museo Thyssen recibiu onte o cadro Judit e Holofernes de Artemisia Gentileschi, unha das artistas italianas máis famosas da primeira metade do século XVII. O lenzo será presentado hoxe no Thyssen xunto coa biografía novelada de Artemisia, escrita pola autora francesa Anna Banti e traducida polo cadro Judit e Holofernes, realizado entre 1612-1613, é unha das obras máis importantes da artista e poderá verse nas salas do Museo Thyssen-Bornemisza ata o próximo 2 de agosto. O Museo Thyssen-Bornemisza de Madrid retoma así este verán o seu programa de Intercambios cunha obra da pintora italiana Artemisia Gentileschi: Judit e Holofernes (1612-1613). Procedente do Museo Nazionale dei Capodimonte en Nápoles (Italia) o cadro instalouse xunto aos lenzos do barroco italiano que forman parte da Colección Permanente do Museo, na Galería Villahermsa.
Artemisia Gentileschi (Roma, 1593 - Nápoles, 1652/53) iniciouse na pintura grazas ao seu pai, o tamén pintor Orazio Gentileschi, e desenvolveu un estilo propio, marcado pola precisión dos detalles e a calidade da materia. A obra exposta agora no Museo Thyssen-Bornemisza datouse na súa etapa de mocidade, cara a 1612-1613, unha época turbulenta que marcou o resto da súa vida.

Artemisia valeuse entón da pintura para plasmar as súas emocións e sentimentos, representando heroicas mulleres, como a Judit deste lenzo, con solidez e fortaleza. Judit e Holofernes ilustra unha pasaxe do Antigo Testamento, Judith 13,7-8, no momento de maior crueldade e dramatismo da historia, cando Judith, con firmeza e determinación, afunde na garganta do xeneral asirio Holofernes a folla da súa propia espada. Artemisia, ademais, reforza a violenta acción sen escatimar referencias, como a saba ensanguentada ou a mirada agónica do asirio.

Texo e foto vía El País.

1 comentario:

Sarinsky dijo...

Ese cuadro de Judit y Holofernes no dejará nunca de darme escalofríos!!
Aunque personalmente prefiero otra versión de un artistazo que empieza por Cara y acaba en Vaggio jaja