O pasado 28 de abril presentouse un novo libro sobre unha das xoias da arquitectura contemporánea de Galicia: a Unidade Veciñal nº 3 do Barrio das Flores da Coruña de José Antonio Corrales (algún día INICIARTE fará unha entrada, reportaxe fotográfica incluída, sobre este conxunto arquitectónico).
A páxina web do Colexio de Arquitectos de Galicia (o COAG) anunciaba así a presentación do libro:
"Concibida por Miguel Toba Blanco, José Antonio Corrales. Unidade veciñal nº 3 é unha completa e documentada monografía sobre esta unidade residencial -un proxecto de mediados dos 60 vinculado ás teorías do Movemento Moderno-, situada no `sector B do polígono de Elviña`, ao leste do acceso principal á cidade: unha actuación urbanística de cinco unidades veciñais, prevista no Plan Xeral de Ordenación de 1965, concibido por Molezún, Pagola e o propio Corrales. Inclúe, ademais, os testemuños doutros tres integrantes do equipo multidisciplinar que participou na intervención: Bescansa, Albalat e Milagros Rey. A profusión de planos, documentos e imaxes, inéditas en moitos casos, completa un xenuíno e fiel testemuño tanto dos condicionantes económicos, políticos e sociais da época, coma do desenvolvemento urbano de A Coruña; pero, tamén, do brutalismo desta obra clave de Corrales. Os anexos inclúen unha visión do estado actual do conxunto, así como unha comparativa gráfica que deixa patente a súa deterioración; unha entrevista a propósito dun intento falido de recuperación e un DVD da conferencia Barrio e cidade que Corrales ditou no COAG de A Coruña, en abril de 2006".
Máis información sobre o acto.

No hay comentarios:
Publicar un comentario