O pasado fin de semana, e para darme un paseo por Madrid, visitei a retrospectiva do escultor Juan Muñoz no Reina Sofía e da que Iniciarte deu boa conta.
Moitas son as sensacións que se meten dentro dos visitantes ao contemplarmos as obras de Juan Muñoz. Todas intensas, todas sorprendentes. A escultura de Juan Muñoz amosa a capacidade de transmitir o que non está representado:
-o xogos de luces e sombras nas súas figuras crean todo tipo de sensacións: sorpresa, inquedanza, medo, desacougo,
-os balcóns baleiros semellan espazos sen vida en demanda de persoas,
-as figuras con ollos tapados (sen ollos?) reflicten a incomunicación, o illamento,
-os grupos escultóricos fannos pasar da aparente ledicia colectiva á falta de comunicación, da igual que desexen saudarse, tocar tambores ou pasear,
-os espazos baleiros crean o desacougo no visitante,
-os espellos con figuras (ou figuras con espellos?) son toda unha provocación creativa,
-as pequenas obras mecanizadas escondidas ás miradas crean ruídos desafiantes,
-as figuras colgadas (tantas?, demasiadas?) crean o rexeitamento inicial para logo provocar admiración,
-o realismo do Descarrilamento fainos pasar da admiración polo dominio técnico á incerteza do simbolismo da obra.
Sorprendeume os seu traballos con materiais pictóricos: sinxelos pero cheos de forza expresiva.
Os materiais que dominan na exposición son as resinas, o ferro e o bronce. O domino técnico é apabullante pero é que a capacidade creativa do escultor consegue consagrar como materiais salientables aos materiais sintéticos e novidosos como as resinas.

Crónica visual da visita:
4 comentarios:
gosto gosto!
A ver se podo ir antes de agosto. É unha boa ollada si señor.
Estupendo comentario de la obra de Juan Muñoz. Me parece un artista muy sugerente. Yo también espero llegar a tiempo de contemplar esa exposición.
Saludos
A verdade que a exposición encantoume, ademais doutras que puiden ver na capital... Paga a pena vela. Moi recomendable.
No noso blog tedes(e vai outra)o agasallo de Blog Maneiro.
Publicar un comentario