2/4/09

A escultura barroca española: unha introdución

A escultura española da arte barroca ten unha evolución distinta á europea. Fronte á escultura barroca de Italia e Francia de orixe berniniana, en mármore e bronce con amplo uso da mitoloxía e da alegoría, en España cultívase a escultura en madeira policromada de carácter exclusivamente relixioso, que se pon por enteiro ao servizo da piadosa sensibilidade contrarreformista, que procura aproximar a realidade do feito relixioso representado para mover a sensibilidade do crente, quen asiste, así, en certo modo, ao feito (ao “paso”) da Paixón de Cristo, ou sinte ós santos como persoas vivas e reais, próximas enteiramente á súa realidade cotiá.


Mirade como o Museo Nacional de Escultura aborda este tema para introducir a figura do galego Gregorio Fernández:


"No século XVII, nun contexto de illamento fronte a Europa e de clara decadencia política, social e económica por esgotamento da monarquía dos Austrias, prodúcese un dos momentos máis brillantes da escultura española. O estamento eclesiástico, principal promotor deste xénero, convértese, fronte ao movemento protestante, en decidido defensor do valor pedagóxico e moral das imaxes e reforza a súa utilización como instrumento de achegamento da mensaxe doctrinal aos fieis, fixando normas para facelas claras e comprensibles, verosímiles, e capaces de emocionar e conmover.


A escultura española, partindo destes principios, desenvolve unha personalidade propia utilizando o realismo como linguaxe plástica máis idóneo, policromando as figuras con cores sobrias para evitar a distracción do fiel e empregando postizos (ollos de cristal, dentes de marfil...) para reforzar ese achegamento ao real. Tállanse figuras de intenso dramatismo, pero de actitudes acougadas, alleas ao dinamismo berninesco imperante en Europa.


Un novo programa temático adaptado aos postulados contrarreformistas con episodios da Paixón de Cristo, escenas de exaltación mariana e variada representación de santos (mártires, penitentes, místicos...) ponse ao servizo dos fins comentados. Serán dous os centros escultóricos que, por diferentes vías, chegan a elaborar esta nova linguaxe: Castela e Andalucía".


Ilustración: Cristo Xacente de Gregorio Fernández vía Ua.es


Finalmente, observade estes dous vídeos sobre as escolas de Castela e de Andalucía:


2 comentarios:

Sarinsky dijo...

Como odio la escultura barroca española, pero mira que es escalofriante...Donde esté la italiana que se quite lo demás!!

Saludos

Antonio Martínez dijo...

Bueno, eu non a odio, pero o que gustarme... ná de ná.