A escavación-2
Continuando coa obra do arquitecto Alfonso Fernández na parroquia de santa Cristina de Cobres (Vilaboa, Pontevedra) vemos hoxe as fotos da última parte da escavación do solar antes de comezar a cimentación."Por escavación entendemos o movemento de terras realizado ao descuberto cuxo obxecto consiste en alcanzar o plano de arranque da edificación, é dicir as cimentacións. Podemos diferenciar; o desmonte, movemento de todas as terras que se atopan por encima da rasante do plano de arranque da edificación, o baleirado que se realiza cando o plano de arranque da edificación atópase por baixo do terreo e o terraplenado cando o terreo atópase por baixo do plano de arranque do edificio e é necesario levalo ao mesmo nivel.
Cando a execución é en roca e esta é branda, pódese usar máquinas con martelos rompedores ou con explosivos, se son rocas de gran dureza, a súa escavación só lógrase con explosivos.
O material extraído pode amorearse na mesma obra ou envialo a vertedoiro. Se se realiza provisión na mesma obra a fin de utilizalo en futuros recheos, elíxese unha zona que ha de ser delimitada e que non interfira noutras tarefas.
Neste apartado debemos incluír tamén os movementos necesarios para ramplas de saída e entrada de camións.
A destrución que produce a escavación, sen ser despreciable, é moito menor do que parece. A retirada do manto vexetal, a apertura temporal de gabias e de espazos para traballar, que posteriormente se encherán, dá unha falsa sensación que é difícil de avaliar na súa xusta medida. Co tempo iremos vendo como cada cousa ocupará de novo o seu lugar, restituíndo a topografía orixinal. Iso si, cun edificio no medio."
Texto de Alfonso Fernández.
2 comentarios:
Ausenteime algún tempo mais volvo ás andadas.... estiven liada con outras cousas e non se pode andar a todo, jejeje. Xa o di o refrán: o que moito abarca pouco apreta!!!
Un pracer volverte a ler, veciña.
Publicar un comentario