O Museo de Belas Artes fai un percorrido pola historia da urbe incluíndo proxectos que nunca se fixeron.
Planos, debuxos, fotografías, cómics, vellos documentais cinematográficos de Ramón Saiz da Hoya e sobre todo pintura, en total 170 pezas; con elas é posible reconstruír a historia da Coruña a través de imaxes e proxectos elaborados por artistas que van desde Pablo Picasso, que fixo a súa primeira exposición pictórica precisamente nesta urbe, ata Eugenio Granell, pasando por Camilo Díaz Valiño, Segura Torrella, Antonio Tenreiro, Álvarez de Sotomayor, Urbano Lugrís e Luis Seoane, ademais doutros autores foráneos como Pier María Baldi, Martínez Abades, Luz Antequera, Alejandro Ferrant e Edward Montagu, este último embaixador inglés que pasou pola Coruña a mediados do século XVII camiño de Madrid e deixou como pegada un debuxo que mostra o escuadrón inglés no porto coruñés.
Este non é o único inglés que pasou pola cidade, aínda que é máis coñecido que outro viaxeiro chamado John Todd, do que as escasas noticias indican que fixo uns debuxos sobre A Coruña en 1830; estas obras pertencen a unha colección privada que se atopa en Madrid e é propiedade de Cristina Hernández-Cañizares. Segundo indica Ángeles Penas Truque, directora do Museo de Belas Artes, «que saibamos, estes debuxos eran descoñecidos na Coruña ata agora".
Texto e ilustración vía La Voz de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario