Noticia e fotos vía Que.es
A iniciativa clausurou Artec 08/800 Ltd Edition. Tamén houbo proxeccións no Concello, na Domus ou no Teatro Colón.
A proposta vangardista Artec 08/800 Ltd Edition culminou ás dúas da madrugada de hoxe cunha peregrinación á Torre de Hércules, encabezada polos artistas urbáns Graffiti Research Lab, que realizaron unha espectacular proxección sobre o vello faro romano.
O láser sobre a pedra simbolizou así o apoio de Artec e da arte urbana de vangardia á candidatura da Torre de
Hércules como Patrimonio da Humanidade, nunha sesión que rematou cun chocolate con churros para todos os asistentes.
2 comentarios:
grrr por un problema na gorxa non puiden ir, coas ganas que tiña!
Eu tampouco.
Publicar un comentario