7/9/08

A Catedral de Lisboa


A catedral de Lisboa (a sé) está situada no barrio da Alfama da capital de Portugal sobre o solar dunha antiga mesquita. Construíuse a partir de 1160, e de finais do século XII os as dúas torres con almenas da súa fachada occidental e que lle dan ese aire de fortaleza que ten na actualidade. Desde entón o edificio sufriu moitas reformas e engadidos, así, e deste xeito, desapareceu a primitiva lanterna románica, construíndose o rosetón gótico que hoxe podemos contemplar.

O edificio continua o estilo da catedral de Coimbra, co súa mesma monumentalidade interior e as súas mesmas proporcións. É un edificio de tres naves con ábsida e absidiñas, piares cruciformes con medias columnas pegadas, bóveda de canón con triforio e falsa galería.

O seu claustro é do século XIII, sendo de aspecto moi pesado por influencia do claustro de Alcobaça.

O edificio padeceu os mesmos terremotos que Lisboa pero o máis importante, o de 1755, supuxo o derrubo da capela gótica e do Panteón Real (ademais de destruir toda a Baixa e causar uns cen mil mortos en toda a costa peninsular).

Fotos Iniciarte.

No hay comentarios: