O pasado venres, día 5, foi inaugurada na Coruña o conxunto de exposicións que conforman "OUTONOARTE: Sobre o espzao infinito. A creación ao redor do mar". Trátase dunha inicitiva da Consellería e da Concellería de Cultura para darlle a oportunidade a trinta novos (e non tan novos) creadores e creadoras de expoñer as súas obras en torno a un tema: o mar. Óleo, fotografía, collages, acríclico, etc son algunhas das técnicas que podemos observar nesta variada exposición ata o 28 de setembro.
As obras están expostas nas salas de exposicións de Palexco, do Pazo Municipal, da Casa de Cultura Salvador de Madariaga e nalgúns espazos públicos.
Ilustración: Cartel da exposición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario