6/4/08

Velázquez: O augador de Sevilla



Velázquez: O Augador de Sevilla.



Óleo sobre lenzo, 106x82 cm. Wellington Museum.



Data: Oscila entre 1619 e 1622.

Procedencia: Xoán de Fonseca, 1623; G. Bracamonte; Fernando de Austria, no Alcázar de Madrid; 1700-1701 no Buen Retiro; a mediados do XVIII xa está no Pazo Real. Sacado de Madrid por Xosé I, irmán de Napoleón, foi apresado na Batalla de Vitoria, sendo levado a Londres; preguntado o goberno español que se debía facer con esta e outras obras de arte, Fernando VII, apresurouse a regalarllas a lord Wellington.

Dentro da etapa de formación (etapa sevillana) de Diego Velázquez destacan unha serie de obras (Cristo en casa de Marta e María, Inmaculada Concepción, santo Tomas, Adoración dos Magos, ...) pero probablemente e xunto co Vella fritindo ovos, este Augador sexa a súa obra mestra.

A composición describe unha espiral luminosa que, partindo do cántaro do primeiro termo ( situado fóra do cadro e dentro do espazo do espectador, como máis tarde fará nas Meninas) e pasando pola xarra máis pequena, colocada sobre unha mesa ou banco. E que á súa vez ten unha cunca branca, conclúe nas tres cabezas dos personaxes, por orde de idade, rematando no vello augador.

O augador, coñecido personaxe sevillano de alcume “ O Corso”, saca a man esquerda do espazo da escena, para suxeitar a asa da xarra grande (insuperable mostra de dominio da técnica do óleo, as pingas de suor son toda unha lección de pintura), tende coa man dereita unha grande e elegante copa de cristal fino, chea de auga transparente, tendo no fondo un figo, destinado a perfumar o líquido. Para o especialista en Velazquez, Camón Aznar este figo podería ter un simbolismo sexual. Un neno coa cabeza levemente inclinada (como o da Vella fritindo ovos, vai coller a copa; pola súa roupaxe parece de familia importante. Entre as cabezas dos dous personaxes, interponse a dun rapaz de máis idade, bebe doutra xara de vidro. Para Julián Gallego este tres personaxes poden representar a sede “pero mais apuradamente as tres idades do home, nunha sorte de cerimonia iniciática: o vello tende a copa do coñecemento (acaso do amor) ao adolescente, quen a recolle coa mesma gravidade, sen mirarse entre eles, nin á copa. O mozo, máis vulgar, do fondo bebe da súa vulgar xarra de vidro soprado, con ansia”.

Esta escena, como na Vella fritindo ovos, está dominada pola inmobilidade. O coidado do debuxo e da materia están levados ata o extremo.

Bibliografía:
Camón Aznar, José: Velázquez. 2 vols. Madrid, 1964
Gallego, Julián. Velázquez en Sevilla. Sevilla, 1974
Velázquez. Madrid, 1990.

1 comentario:

Sarinsky dijo...

Velázquez era todo un maestro de la pintura,porque sin duda esas gotas de agua reflejadas en el jarrón representan sin duda su talento artístico.
Esta obra es impresionante junto con la de "Vieja friendo huevos".