A Fundación Caixa Galicia presenta na súa sede coruñesa da rúa Xoán Florez, esquiña a Médico Rodríguez, a exposición Urbano Lugrís nos fondos da Colección Caixa Galicia, co gallo do centenario do seu nacemento. Para coñecer mellor a súa vida lede a súa entreda na a wikipedia. A Exposición poderá contemplarse ata mediados de febreiro e sevirá para demostar, unha vez máis, que moitos pintores tiveron en vida pouco éxito pero tras a súa morte a súas obras teñen uns prezos...

Cursa estudos de Peritaxe Mercantil, que nunca lle interesarán a quen nin sequera soubo levar as contas da súa propia vida. Ao iniciarse a República se indetifica, en Madrid, coa mocidade intelectual. Ten amizade con García Lorca, con Rafael Alberti. Fantasea coa súa vida e dise compañeiro de Ismael e do capitán Ahab na aventura de Mobby Dick. Sabe de memoria A Odisea -el aseguraba que en grego clásico- e sostén que regresa á batalla de Pavía, onde estivo ao servizo do césar Carlos, o melancólico emperador do mundo, a quen de seguro xa retratou imaxinariamente.
Vincúlase ás Misións Pedagóxicas, experiencia cultural inesquecible, histórica, e da man de Rafael Dieste e percorre España co Teatro de Monicreques, onde fai «cristobitas», imita voces, pinta decorados.


Morre a súa esposa Paula, coa que tivo dous fillos. Evocaraa constantemente, na intimidade do faladoiro da taberna de Eligio, algo así como a súa segunda casa, se é que tivese primeira, que ninguén lle coñecía. Pinta pouco. Debuxa moito. Fala máis e bebe moito máis, aínda que todo era pouco para a súa recia humanidade. Era marabilloso na arte de perder o tempo.
Proxecta traballos que non realiza. Incumpre encargos que forzou. Aumenta a soidade, a pesar de reunirse con artistas e escritores. Prefire a compañía da mocidade, das novas xeracións que ven nel a un mestre absoluto, porque sabe cousas raras e precisas que non están nos libros. As dos libros sábeas todas.
O seu carácter cordial se agría. A súa entidade física redúcese. A súa saúde empeora. É internado no Hospital Municipal e morre a véspera de Noiteboa de 1973.
A obra de Urbano Lugrís foi valorada tardíamente. De todos os xeitos, hai excelentes exemplos nos Museos de Galicia, en institucións públicas e en coleccións particulares.
En realidade era un goticista fóra de século. O seu mundo estilizado, a exactitude da súa liña, a fantasía do seu mundo plástico, deliberadamente decadente e sobrecargado de literatura, fano inconfundible. Gustoulle posuír a perfección do oficio de Van Eyck. Amaba a Magritte, a Ernts, a Picabia. Realmente, a súa pintura é, como un día se dixera da de Gregorio Prieto, tan distinto, «poesía en líña».
No hay comentarios:
Publicar un comentario