A igrexa románica de Santiago, na Cidade Vella da Coruña, é o edificio relixioso máis antigo da cidade. O templo pudo ser construído no século XII, aínda que a referencia máis antiga que coñecemos é de principios do século XIII. A esta primeira época corresponden as tres ábsidas da cabeceira (unha delas modificada), a metade do muro norte e a portada deste mesmo lado. Algúns elementos da portada principal poden ser tamén do XIII, sen embargo o deseño xeral que vemos hoxe nesta portada correspode aos século XV e XVI.
Nos séculos XIV e XV fixéronse importantes reformas: a 1448 corresponde a transformación do interior nunha única nave coa construción dos arcos apontados, a estructura da coberta e outros elementos do seu aspecto actual, como o deseño xeral da fachada. Tamén desta época é o rosetón da cabeceira, mentres que o da fachada principal foi construido totalmente no século XIX. En 1607 construíuse a torre das campás. Varios incendios (especialmente os de 1501 e 1779) danaron seriamente o edificio e obrigaron ás correspondentes reconstrucións e reformas.
Débese salientar dous feitos: por unha banda no adro desta igrexa reuníase o Concello da Coruña, ata o século XV, e por outra que o edificio está feito sobre a Brigantium romana polo que non de estranar que no interior da igrexa colocárase un Santiago peregrín sobre unha ara romana.
4 comentarios:
La verdad es que es una maravilla de iglesia románica,aunque haya tenido numerosas reformas,pero...
¿sabrias decirme donde está?es que no consigo darme cuenta de donde está.gracias!!
Subindo á Cidade Vella desde Porta Real (esquina a María Pita) pola Rúa Santiago
A verdade é que xa hai uns días que non entro en Iniciarte (falta de tempo...) e debo dicir que me parece que fixeches un traballo fantástico.
A partir de agora, visita obrigada cando se fale de Arte.
Parabéns!!
gracias por ubicarme,ahora ya me di cuenta de donde se encuentra(habré pasado 2 o 3 veces por eso me sonaba).
Publicar un comentario