No acto estiveron presentes a maioría dos e das artistas premiados, políticos do ámbito municipal, así como outras persoas do eido das artes e das letras; ademais, e como xa ven sendo habitual, un gran número de persoas interesadas polo Certame. Discuros, entrega de premios, viño.
Silvia Lerín, de Valencia, foi a artista gañadora do 1º premio coa obra “Balanceo del verde”.
Como xa é costume fíxose entrega aos presentes do catálago das obras expostas. Catálogo fermosamente editado e de elevada calidade gráfica.
Na Sala de Exposición amósanse case unha trintena de obras seleccionadas de entre as dúascentas que se presentaron ao Certame. Abstracción, figuración, hiperrrealismo, óleo, fotografía, técnicas mixtas, collages, están presentes.
Unha boa oportunidade para achegarnos á arte coetánea e apreciar os vieiros actuais.
Falar da calidade das obras expostas, da importancia estatal do certamen, da impresionante listaxe dos xurados do certame (neste ano é de salientar a presenza de José Hernández), da colección magnífica de arte do noso tempo que xa ten o concello (¿para cando un lugar digno de exposicións?) é xa un tópico. Mais cómpre insistir na necesidade da presenza da arte contemporánea na nosa sociedade.
Tan só quedar por dicir ¡A DISFRUTAR DA EXPOSICIÓN!
No hay comentarios:
Publicar un comentario