19/11/07

A Gioconda é popular por casualidade


Donal Sassoon, historiador da cultura e autor dos libros: Mona Lisa. Historia de la pintura máis famosa del mundo (Crítica) e de Leonardo y la Mona Lisa. La historia del mayor enigma del arte (Electa), facilitaba ao xornal El País este chamativo titular.

Nunha estensa entrevista publicada o pasado 17-XI-07 manifestaba as súas opinións sobre os 4.081 centímetros cadrados máis famosos do mundo. Da entrevista INICIARTE destaca as seguintes respostas:

Resposta.- “¿Sabe canto permanece de media un visitante fronte á Gioconda? Cerca dun minuto. Quédase alí parado porque lle dixeron que é a obra máis famosa pero non sabe por qué. Noutras salas hai cinco leonardos máis. Apenas ninguén os mira.
Pregunta: ¿Por que é a obra máis famosa do mundo?
R.- Un cúmulo de circunstancias, a casualidade. A principios do século XVI, Leonardo deixou a corte Milán e foi ao servizo de Francisco I. En consecuencia, cando esta pintura comeza a ser famosa, no século XIX, atopábase en París, gran centro europeo da arte naquel intre. A Mona Lisa atopábase no lugar preciso e no momento axeitado; respondía ás demandas artísticas do romanticismo.
P.- ¿Foi un descubrimento romántico?
R.- Totalmente. O primeiro en ensalzala foi o escritor Th. Gautier e non por casualidade. A figura non é unha santa (...) senón unha descoñecida. Non está gorda, como as mulleres de Rubens, nin fraca coma as de Granach. E pertence ao Renacemento, a época do pasado menos relixiosa e que sintoniza máis coa cultura burguesa e laica do século XIX.
P.- E despois está o inescrutable sorriso.
R.- Por suposto, e por aí entra o misterio da femme fatale que tanta aceptación tiña na época. Giorgio Vasari non cría que ese sorriso fora tan misterioso (xa que...) a nobre dona sorría porque durante as sesións de pose varios músicos e actores a entretiñan...
P.- Pero aínda non suficiente para convertela nunha icona da cultura de masas.
R.- Falta o roubo da obra, perpetrado o 21 de agosto de 1991, unha historia rocambolesca que determinou o salto da Gioconda da alta cultura burguesa do século XIX á cultura popular do XX. Roubouna un antigo empregado do Louvre (...) Non porque lle gustara especialmente, el prefería ao Mantegna, pero os seus grandes lenzos fixéronno optar por Mona Lisa. Foi un escándalo moderno, con connotacións políticas, e que deu a coñecer a obra, impresa en todas as portadas, como nunca antes. Durante dous anos gardouna na súa casa, pero logo levouna a Florencia para vendela(...) e alí o pillaron”.


Remata a entrevista afirmando que xa lle gusta o lenzo, mais que descoñece a causa do sorriso.

No hay comentarios: