31/10/11
Sen comentarios (XXXI): Desaguadoiro en Muros
29/10/11
A hemeroteca artística do día: 29-X-2011
Picasso e Balzac na Fundación March.
A exposición de Ai Weiwei escandaliza en Alemaña.
Exposición de fotografía surrealista.
O Hermitage no Prado.
Nova exposición no Museo de Pontevedra.
O cartelismo publicitario expón en Vigo.
A estatua da Liberdade cumpre 125 anos.
Foro sobre escultura no Guggenheim.
Exposición sobre o deseño gráfico español.
A historia dos "paparazi".
Imaxe: A Estatua da Liberdade.
27/10/11
Recreando a Roma Imperial
26/10/11
Proba de arte grega
1ª.B Clasificación, sinalando, se procede, cultura, estilo, movemento; cronoloxía; título e autor (ata 1 punto)
1ª.C Xustificación da clasificación e comentario da obra seguindo os enfoques metodolóxicos da historia da arte (ata 2 puntos)
2ª.B Clasificación, sinalando, se procede, cultura, estilo, movemento; cronoloxía; título e autor (ata 1 punto)
2ª.C Xustificación da clasificación e comentario da obra seguindo os enfoques metodolóxicos da historia da arte (ata 2 puntos)
3ª Define os seguintes conceptos (ata 0,50 puntos por cada un deles)
3.1 Bóveda de canón
3.2 Fuste
3.3 Doela
3.4 Metopa
24/10/11
O Arco de Constantiño
22/10/11
A hemeroteca artística do día: 22-X-2011
O Estado quédase con debuxos de Lorca.
O Centro Niemeyer demanda ao Principado de Asturias.
"O ocaso americano" en Salamanca.

Diego Rivera en Burgos.
Obras mestras do Barroco na A. de san Fernando.
Cesado o director do Museo do Mar de Vigo.
O Museo do Prado en Toquio.
Novo museo de Moneo en Pamplona.
Nova exposición do Thyssen sobre a a arquitectura pintada.
Imaxe: "Neno labrego" de Diego Rivera.
20/10/11
Arte e literatura: Camilla Läckberg
Prefiro non facer comentarios sobre este parágrafo.
19/10/11
Unha camiseta artística
17/10/11
O Arco de Tito
Estes relevos están realizados con diferentes graos de profundidade (desde un altísimo relevo en primeiro plano ata unha leve insinuación no fondo), o que xenera fortes contrastes de luces e sombras. Ademais, e para aumentar a ilusión espacial de profundidade, deberíamos lembrar estarían pintados.15/10/11
A hemeroteca artística do día: sábado, 15-X-2011

Gran exposición de Miró en Barcelona.
Renace o Museo Nacional de Escultura.
O Prado leva a Goya a Toquio.
Exposición sobre o Camiño de Santiago en Holanda.
Exposición de Pérez Villaamil en Madrid.
Entrevista a Ramón Conde.
Miniaturas e pequenos retratos do Prado.
Un "Freud" véndese por 3,6 millóns.
Leonardo tamén era destro.
Grabados de Jasper Johns.
Ilustración "Boy´s Head" de Lucian Freud.
14/10/11
Berlín: arte en 3 D
12/10/11
Vivendas colectivas en Oleiros (A Coruña)
Rúa Macato. Residencia Ballesol. O Graxal
Moi preto da Ría do Burgo atópase esta residencia para persoas maiores. É un conxunto de edificios con varias fachadas, sendo a máis interesante esta que podedes contemplar nas fotos.
Rúa Cubelos. Perillo
Trátase da vivenda colectiva que máis me ten chamado a atención nos últimos tempos en Oleiros, pola súa pureza de liñas, polas súas magníficas vistas á ría e polo que se intúen magnificas vivendas máis elevadas. (Tamén habería que poñerlle algunha chata: radiadores, grandes ventanais do primeiro andar que mira á rúa...).
Rúa Cubelos. Perillo
Outro exemplo de vivenda colectiva feita sen pretensións pero cuns resultados moi salientables ao potenciar as fermosas vistas sobre a praia de santa Cristina.
10/10/11
Sen comentarios (XXX): Lira (Carnota, A Coruña)
07/10/11
Fábrica da Cross: descontaminación e consolidación estrutural
05/10/11
Praxíteles: a Venus de Cnido
Como xa dixemos no post anterior, a Afrodita Cnidia é a
responsable da continuidade da representación do nu feminino frontal e completo
empregada na arte arte occidental. A
orixe desta divina representación foi relatada por Ateneo, que no 200 d.C.,
conta que foi inspirada pola fermosura de Friné:
O tema, como era
habitual ou frecuente no escultor ateniense, é case anecdótico: a deusa, antes
de introducirse nun baño, deixa caer coa súa man esquerda elevada a súa
vestimenta sobre unha vasilla estando suavemente inclinada cara adiante.
Coma todas as esculturas da época, esta Afrodita estivo
tamén policromada, sendo o pintor Nicias, habitual colaborador de Praxíteles e
artista de recoñecido prestixio no século IV a.C. De feito Luciano de Samosata
(século II d.C.) entendía que o pintado era superior en calidade artística ao
propio modelado realizado polo escultor.03/10/11
Praxíteles: a escultura grega do IV a.C.
O Hermes con Dioniso neno, aparecida nas escavacións alemás
do Hereneo de Olimpia, tamén é obra orixinal do escultor ateniense (hai autores
que defende que é unha copia realizada polo obradoiro dos seus fillos).
-Os corpos esculpidos descansan o peso sobre unha única
perna, deixando a outra lixeira apoiada sobre o chan ou cruzada, tendo que
baixar a cadeira dese lado así como o ombreiro contrario e inclinando a cabeza
ao lado da perna que descansa, polo que o conxunto corpóreo fai un “S” ou
contrapposto tal e como se iniciara aos comezos do V e que supuxera o remate do
período arcaico. A este resspecto debemos indicar a evolución do escultor.
Nalgunha das súas primeiras obras (Sátiro escanciador ou a Venus de Arlés)
apréciase o contrapposo aínda contido. Cando o “S” adquire maior protagonismo,
o que chámase “curva praxitélica ou praxiteliana”, cómpre situar un apoio á
figura que ben pode ser un tronco dunha árbore (Apolo Sauróctonos, Sátiro en
repouso), unha cerámica (Venus de Cnido) para evitar que o desprazamento do
centro de gravidade cara adiante ocasione a súa caída.02/10/11
Tony Judt e Le Corbusier
, o recentemente falecido Tony Judt, fai un repaso demoledor desde a súa orixe ata súa situación actual: o desprestixio do estado, as políticas (fallidas e carísimas para a cidadanía) de privatizacións de empresas públicas, a ausencia de referentes na esquerda política…Un libro imprescindible….
Pero teño unha discrepancia, a súa alusión a Le Corbusier como responsable de vivendas colectivas de escasa calidade y de políticas urbanísticas nefastas e carentes de imaxinación. Leamos os dous seguintes parágrafos:
A indiferenza das autoridades nacionais e locais ante o dano causado polas súas decisións é sintomática dun aspecto preocupante da planificación e a renovación da posguerra. A idea de que quen está no poder saben o que é máis convinte (…) non naceu en 1945 pero floreceu naquelas décadas. Esa foi era de Le Corbusier: con demasiada frecuencia resultáballes indiferente que pensaban as masas dos novos pisos e as novas cidades nos que se lles recolocou, da “calidade de vida” que se lles asignou.
A finais dos anos sesenta, a idea de que “sabemos o que é mellor para ti” estaba empezando a producir unha reacción. Organizacións voluntarias de clase media comezaron a protestar pola demolición abusiva e a gran escala non só de “feas” zonas degradadas, senón tamén de edificios e paisaxes urbanas de valor: a caprichosa demolición das estacións de Pennsylvania en Nova York e de Euston en Londres, a construción dun monstruoso bloque de oficinas no corazón do antigo quartier parisiense de Montparnasse, a reorganización dos distritos de cidades enteiras completamente falta de imaxinación. Máis que un exercicio de modernización socialmente responsable en nome da comunidade, empezaron a parecer síntomas dun poder sen control nin sensibilidade.
A continuación pon exemplos de Suecia ou de Glasgow.
Calquera historiador da arquitectura do XX e do urbanismo non poderá suscribir estas palabras en relación a Le Corbusier. Outra cousa son as tremendas barbaridades arquitectónicas e urbanísticas realizadas no XX (no caso de España e Galicia especialmente no Franquismo)
Tony Judt. Algo va mal. Madrid, Taurus, 2010. Pp. 85-86.
01/10/11
A hemeroteca artística do día: sábado 1-X-2011
O consumo de cultura resiste a crise.
Véndense debuxos de Lorca.
Morisot chega, por fin, a Madrid.
Zurbarán, analizado como modisto.
Museo do Prado: o espectador como obra de arte.
Arte cubana na Bienal de Istambul.
Novo comisario para a Bienal de Sevilla.
Nova exposición na Fundación Laxeiro de Vigo.
Ilustración: Obra de Berthe Morisot.













