Na cidade capital do estado de Wisconsin, nos EUA, chamáronme a atención
moitos elementos arquitectónicos: desde o tratamento urbanístico da beira do lago
Michigan, o seu museo da que xa vos teño falado hai algún tempo, os seus
edificios “historicistas” ou o uso da cidade polos seus habitantes (increible).
Mais hoxe quero presentarvos este edificio con alimaliños na súa fachada.
Efectivamente, vedes ben, son mariquiñas….
30/09/11
Sen comentarios XXIX: Milwaukee
Publicado por
Antonio Martínez
en
07:30
2
comentarios
Enlaces a esta entrada
((•)) Escoita este post
Etiquetas:
Arquitectura contemporánea,
Feísmo
28/09/11
A escultura grega: técnicas
"As primeiras esculturas gregas, - máis ou menos as que van desde mediados do S. VII a.C. ata case a metade do S. V a.C. - foron executadas en gran medida a base de labor do punteiro.
Noutros períodos utilizouse intensamente o trépano, e non é de estrañar así que os resultados varíen considerablemente. No entanto, os útiles máis importantes foron sempre, e seguen séndoo, o punteiro, o cincel plano e o dentado, e o trépano. (...) O golpe de punteiro, aplicado ao bloque en ángulo recto produce, máis que surcos, muescas.
Temos que supor a existencia dun estadio preparatorio inicial, anterior ao da execución que presenta esta inacabada figura arcaica. En primeiro lugar, o escultor debeu desbastar o bloque de mármore ata conseguir unha forma máis ou menos regular. Unha vez feito isto. O máis
probable é que debuxase nos diferentes planos do bloque rectangular, a figura de fronte, de costas e de ambos os costados. E é moi probable que o fixese así por razóns inherentes ao mesmo procedemento, pois o escultor tivo que necesitar unhas liñas directrices que lle permitisen levar a cabo unha interpretación coherente da súa figura. Ademais, sabemos por moitos exemplos posteriores que, calquera que fose o lugar e o momento histórico, o artista que traballaba directamente sobre a pedra sentía sempre a necesidade de trazar antes un debuxo sobre a superficie do bloque.
Seguindo, pois, estas liñas previamente debuxadas, o escultor empezou a traballar co laborioso punteiro. Nesa fase abandonouse a execución, pero o aspecto da estatua inacabada é o bastante revelador corno para que podamos reconstruír a partir del todo o sistema de traballo (...) É evidente que non se limitou a traballar exclusivamente por unha banda, a profundar primeiro por unha soa das caras do bloque e logo por outra e outra, senón que viu a necesidade de facelo simultaneamente polas catro caras. De seguir, fíxoo da mesma forma: quitando, lenta pero continuamente, unha capa tras outra de todo o contorno da figura. No paso ou pasos seguintes utilizaría uns punteiros máis finos, para terminar pulimentando as zonas rugosas mediante procedementos abrasivos. (…)
Cara ao ano 500 a.C. produciuse nesta situación un cambio importante, ao dispor os escultores de útiles moito máis duros, de ferro ou aceiro, que fixeron posible o golpe oblicuo e outros avances nas técnicas escultóricas.
Os perfís dunha figura revelan claramente a forma que tiña o bloque orixinal. Fronte á obra xa terminada temos unha seguridade aínda maior de que, mentres traballaba na parte anterior, na posterior e nos lados, o escultor tivo que orientarse en todo momento polas figuras que antes de empezar debuxase no bloque: ao enfrontarse a cada unha das caras das súas estatuas, o escultor grego desta época razoaba como un delineante, coma se enfrontásese a un debuxo lineal.
A consecuencia deste procedemento é que a estatua ten necesariamente catro vistas ben diferenciadas. (...). Poderiamos chamar a esta estatua plurifacial, ou multifacial, pois ten catro caras claramente separadas, ou mellor separables. (...)
Claro é que unha figura así está lonxe de ser unha obra realista no sentido moderno deste termo, a pesar do cal posúe unha asombrosa vitalidade, está rebosante da enerxía da vida. Ten ademais unha superficie de calidades suaves e cálidas, case aterciopeladas. Iso débese non soamente ás características do mármore grego -poroso e cálido-, senón tamén, e sobre todo, ao proceso de traballo que se empregou nela e que acabo de describir brevemente. As infinitas muescas producidas polo punteiro, aínda que logo suavícellas por medio de abrasivos, crean, por así dicilo, unha serie de vibracións baixo a superficie que evocan a sensación dunha pel palpitante. E se percibimos, máis que o carácter esencialmente plano de cada unha das caras, as enormes calidades escultóricas do conxunto, iso é debido á paciente e intelixente labor de punteiro que intervén na execución deste tipo de estatuas. (...)
Cara a mediados do século V pode dicirse que o punteiro deixara xa de ser o útil fundamental dos escultores gregos. Chegoulles entón a hora ao cincel plano, ao cincel dentado e ao trépano. Aínda que este último empregábase xa desde os primeiros momentos da escultura grega, ata moito tempo despois non se explotaron totalmente as súas posibilidades.(…) Desde que se descubriu que permitía, non só facer orificios en profundidade no mármore ou a pedra senón tamén socavar un material duro da forma máis audaz e producir así uns efectos á vez realistas e pintorescos, converteuse nun importante recurso ...
... Os arqueólogos que nos precederon pensaban que ata o século I antes de Cris
to con Praxíteles non se descubriu unha técnica mecánica para o traslado do proxecto do modelo ao mármore. Agora con todo, crese que os gregos empregaron xa moito tempo antes un método desa clase, coñecido xeralmente como método de puntos, e que consistía en establecer coa maior precisión posible unha serie de puntos paralelos no modelo e no bloque de mármore (…). Esta técnica, por outra banda, lévanos de novo ao trépano, pois só con este podían establecerse no bloque de mármore os puntos correctos e á profundidade correcta. A finais da época antiga usouse este método en forma moi prudente, e principalmente para fixar uns cantos puntos esenciais na superficie do mármore. (...)"
to con Praxíteles non se descubriu unha técnica mecánica para o traslado do proxecto do modelo ao mármore. Agora con todo, crese que os gregos empregaron xa moito tempo antes un método desa clase, coñecido xeralmente como método de puntos, e que consistía en establecer coa maior precisión posible unha serie de puntos paralelos no modelo e no bloque de mármore (…). Esta técnica, por outra banda, lévanos de novo ao trépano, pois só con este podían establecerse no bloque de mármore os puntos correctos e á profundidade correcta. A finais da época antiga usouse este método en forma moi prudente, e principalmente para fixar uns cantos puntos esenciais na superficie do mármore. (...)"
Rudolf Wittkower. La escultura: procesos y principios. Madrid, Alianza forma, páxs. 20-39.
Fotografías de INICIARTE:
-Torso grego no Wilwakee Arte Museum. -Laocoonte nos Museos Vaticanos.
Publicado por
Antonio Martínez
en
07:18
2
comentarios
Enlaces a esta entrada
((•)) Escoita este post
Etiquetas:
Arte clásica,
Escultura clásica,
Escultura grega,
Textos
26/09/11
Olimpia
O
lugar de Olimpia é moi coñecido por dous factores: por seren a orixes das
olimpíadas e pola súa importancia relixiosa.
Hai
constancia de que xa no ano 772 antes da nosa era celebráranse uns xogos
olímpicos. Hoxe fican claramente visibles os restos arqueolóxicos do seu
estadio. Tamén sabemos que o emperador Teodosio prohibiunos no século IV.
A
nivel arqueolóxico e artístico debemos sinalar varias ideas. Por unha banda alí
Fídeas fixera unha xigantesca estatua de ouro e marfil (criselefantina) para
conmemorar a vitoria sobre os persas na II Guerra Médica. Tamén hai evidencias
arqueolóxicas do obradoiro do mestre. O lugar foi saqueado polos arcadios e,
posteriormente, foi protectorado de Alexandre Magno.
Foron
os franceses que, a partir do 1829, iniciaron as escavacións arqueolóxicas no
lugar. Posteriormente continuada polos alemáns. De feito serían estes os que
atoparían o Hermes de Praxíteles.
Ademais
do xa mencionado estadio, deberíamos de destacar a importancia do seu templo
dórico do que só temos resto das súas columnas e dos seus frontóns, a palestra,
os propileos e o Filipeo, entre outros.
Gozade,
agora, coas fotos que o noso bo amigo Pepe L.C. fixo para INICIARTE.
Publicado por
Antonio Martínez
en
07:36
0
comentarios
Enlaces a esta entrada
((•)) Escoita este post
Etiquetas:
Arquitectura grega,
Arte antiga,
Arte clásica,
Arte grega
22/09/11
Cultura castrexa: dous exemplos de castros de interior
Imos seguir co comezo do curso con elementos prehistóricos galegos. Hoxe con dous vídeos sobre a Cultura Castrexa. O primeiro é sobre Viladonga (Castro de Rei, Lugo): castro de interior que conta cun magnífico museo de "sitio" dirixido polo admirado Felipe Arias. O segundo é un documental sobre Castrolandín (Cuntis, Pontevedra), recentemente recuperado.
Visto en SonSabela.
Publicado por
Antonio Martínez
en
07:03
0
comentarios
Enlaces a esta entrada
((•)) Escoita este post
Etiquetas:
Arte prehistórica,
Cultura castrexa,
Vídeo
20/09/11
A Cova da Moura (Noia)
Nas fotos pódense apreciar os restos do túmulo de terra e pedra que cubría e protexía a anta. Como foi violada varias veces (lembranza para Vázquez de Orxas a quen Filipe II autorizou
en 1609 para valeirar de tesouros as tumbas dos “xentís galigrecos” ) desapareceu o túmulo da entrada principal.
Hai xa moitos anos, tiven
unha boa temporada interese polo megalitismo galego: fotografías, diapositivas
e varias horas de filmación en VHS. Este verán volvín á Anta de Argalo en Noia,
tamén coñecida como a Cava da Moura. Afortunadamente, este dolmen, foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC)
pola Consellería de Cultura.
Nas fotos pódense
apreciar os restos do túmulo de terra e pedra que cubría e protexía a anta.
Como foi violada varias veces (lembranza para Vázquez de Orxas a quen Filipe II
autorizou en 1609 para valeirar de tesouros as tumbas dos “xentís galigrecos” )
desapareceu o túmulo da entrada principal. Este túmulo como case todos os
dolmens da noroeste (Parxubeira, Dombate…) estaba protexido por un coiraza de
pedras.
A pesares das reiteradas
violacións, nas escavacións realizadas legalmente en 1980 apareceron un coitelo
de sílex, puntas de frechas, machados, restos cerámicos e tan só un idoliño.
Pouco material…
A cámara é poligonal,
formada por sete ortostatos, mide algo máis de tres metros por 2,90, tendo a
entrada orientada ao leste. A altura do maior ortostato é de 2,40 e o menor de
1,75 metros. Parece ser que a tampa ou a lousa da cuberta mediría entre 3,40 e
3,70 metros de forma case circular e desaparecida nos primeiros anos do século
pasado.
Curiosamente na
actualidade hai ao seu carón o novo cemiterio municipal de Noia.
A pesares das reiteradas violacións, nas escavacións realizadas legalmente en 1980 apareceron un coitelo de sílex, puntas de frechas, machados, restos cerámicos e tan só un idoliño. Pouco material…
A cámara é poligonal, formada por sete o
Curiosamente na actualidade hai ao seu carón o novo cemiterio municipal de Noia.
Publicado por
Antonio Martínez
en
07:44
1 comentarios
Enlaces a esta entrada
((•)) Escoita este post
Etiquetas:
Arte prehistórica,
Megalitismo
17/09/11
Iniciando o curso con humor, cansanzo, conflitos, ilusión, traballo...
Publicado por
Antonio Martínez
en
19:36
2
comentarios
Enlaces a esta entrada
((•)) Escoita este post
16/09/11
Comprender a arte segundo Picasso

Que mellor que iniciar o curso con este pequeno texto de Picasso. Lembrade que son os seus ollos os que están no encabezamento deste blog.
"O que máis me sorprende é que tanta xente teña a pretensión de comprender a arte. Fágome unha pregunta: Ten sentido intentar comprender o canto dos reiseñores? Ten sentido querer penetrar no misterio da noite, das flores, das cousas fermosas que nos rodean e que amamos? Así e todo, cando lle toca á arte, a xente pretende comprendela. Por que?
Eu creo que a única cousa que a xente debe comprender é que o artista crea porque debe crear, porque posúe a súa arte. O artista é soamente unha pequena, pequenísima parte do universo, e non merece mais atención que os outros elementos que compoñen o universo, e que como a obra de arte, proporcionan ledicia, consolo, emoción, paz."
Publicado por
Antonio Martínez
en
07:12
0
comentarios
Enlaces a esta entrada
((•)) Escoita este post
10/09/11
A hemeroteca artística do día: sábado 10-IX-2011
O "Guernica", trinta anos en Madrid.
Finou Virxilio Fernández.
O "Guernica" inspirado en "Adiós a las armas"?
Irregularidades no Centro Niemeyer de Avilés.
Sobre a Bienal de Dublín.
Os museos máis visitados de Barcelona.
O "Elefante ergueito" de Barceló chega a Nova York.
Goya e Delacroix no CaixaForum de Barcelona.
Retrospectiva de collages de Eduardo Arroyo.
O primeiro edificio móbil do mundo.
Edición diaria de Hoy es Arte.
Publicado por
Antonio Martínez
en
09:21
5
comentarios
Enlaces a esta entrada
((•)) Escoita este post
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





